Economía

El PP advierte “de otro probable sobrecoste” en la obra del MIHL

By 6 junio, 2016No Comments

El portavoz popular Jaime Castiñeira afirma que, a cinco meses de que termine el plazo de garantía del Museo Interactivo de la Historia de Lugo, “no está claro que los 194.000 euros depositados vayan a ser suficientes para corregir las deficiencias”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira, advirtiu esta mañá en rolda de prensa “doutro probable sobrecuste” na obra do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL).

O popular sinalou que o prazo de garantía remata o vindeiro 15 de novembro, pero “a cinco meses de que iso vaia ocorrer non está claro se os 194.000 euros depositados vaian ser suficientes para subsanar todas as deficiencias detectadas”.

Nese senso, Jaime Castiñeira destacou que dende o 16 de novembro do ano pasado “o goberno socialista ten enriba da mesa un informe do arquitecto municipal” no que se indican unha decea de deficiencias: grietas no pavimento, portas que rozan, goteiras, iluminación exterior que non funciona, mala execución da rampa de acceso, pavimento exterior con grietas por falta de planeidade, problemas de saneamento, falta de ventilación na fosa séptica e humidades.

“Malia a que este documento se entregou antes dun ano de que vencese a garantía, semella que o goberno municipal non deu ningún paso, máis alá dun decreto do 5 de abril no que se alude a outros do sarxento-xefe de bombeiros do 26 de outubro de 2015 e do técnico de parques e xardíns do 23 de novembro de 2015 e aos que faltaban nese intre (o do servizo de enxeñería, o do enxeñeiro de medio ambiente e o dos electromecánicos)”, explicou Jaime Castiñeira, quen subliñou que nese mesmo decreto se daba un prazo dun mes á dirección facultativa para remitir un informe técnico detallado sobre deficiencias na obra do que nada sabemos”.

Ante esta situación, o voceiro popular valorou que “o único que temos en Frigsa é un museo infradotado, sen contidos que sexan atractivos e no que segundo as cifras do goberno local só pasan 23 visitantes ao día”, polo que “en ningún caso, nin baixo a perspectiva cultural nin a económica, se xustifican os máis de 11 millóns de euros gastados alí”.

Por último, o popular anunciou a presentación dunha batería de preguntas para, ademais de solicitar acceso a todos os informes técnicos anteriormente mencionados, coñecer cales son os plans do goberno municipal para esta dotación e saber se se prevé completar con diñeiro da administración local para subsanar todas as deficiencias. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies