El portavoz popular Ramón Carballo explicó que “tal y como se recoge en la cuenta general de 2018, 58 de 102 partidas están sobredimensionadas ya que se prevén unos ingresos superiores a los que finalmente se recaudan”
O PP afirma que a conta xeral de 2018 que se vén de pechar confirma que “os orzamentos de Méndez, do pasado exercicio, eran ficticios e que estaban inflados”. O voceiro popular explica que “un dos indicadores que demostran que as contas municipais eran papel mollado é o desfase que atopamos entre a previsión de ingresos e o recaudado”.
O estado de liquidación do orzamento de ingresos pon de manifesto que houbo un defecto na previsión de 22.5M€, estamos a falar de que se recaudou un 20,75% menos do agardaban. 58 das 102 partidas están sobredimensionadas como por exemplo a taxa recollida de lixo (previsión 7,97M€ e derecho recoñecido neto 6,69 M€) ou no ICIO (previsión 1,29M€ e o dereito recoñecido neto foi de 1,12M€).
Outro aspecto que reflicte “a falta de rigurosidade na elaboración dos orzamentos municipais é o grao de execución do orzamento de gastos (108,5M€) quedando o 38,39% sen executar”. Para Carballo esta situación pon de manifesto a nefasta xestión do equipo de goberno, o bloqueo de proxectos e a parálise que sufriu a cidade ao longo do pasado exercicio. O voceiro popular explicou que esta falta de dilixencia estivo avalada polos grupos políticos que no seu momento apoiaron a cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos “o bng é cómplice dunhas contas irreais que non solucionaron os problemas dos lucenses”.
Os populares consideran ridículo que o gasto por habitante en Lugo, en 2018, fose de 682 € e que o investimento por habitante fose duns irrisorios 38€. Carballo pregúntase “como vai progresar o Concello de Lugo cando temos indicadores que poñen de manifesto que, tanto o gasto como o investimento por habitante, están baixo mínimos en contraposición ao esforzo inversor que está a realizar a Xunta de Galicia”.
O voceiro popular considera “moi deficiente a xestión en materia económica da alcaldesa, é incapaz de facer uns presupostos axustados á realidade como tamén demostra que é incapaz de executar as súas propias contas en tempo é forma”. “O resultado é parálisis e nulo avance da cidade” resumiu.