El edil popular Antonio Ameijide afirma que “los socialistas siguen dando pasos para privatizar la gestión del ciclo de la agua destacando que “una de las últimas pruebas de este modelo es la desaparición del servicio de saneamiento”
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular Antonio Ameijide denuncia que dende hai 3 meses o Concello de lugo “non ten brigada de saneamiento municipal encargada da xestión do mantemento, limpeza e avarías dos sumidoiros da cidade”. O edil popular afirma que “esta situación é froito do desmatelamento deste servicio como consecuencia da política de privatización que os socialistas pretenden facer do ciclo da auga”. A xubilación do último encargado da brigada desaparecida tivo lugar o 13 de setembro de 2015 dende ese momento o goberno local traslada esta responsabilidade a outro persoal municipal xa sobrepasado de tarefas”.
Unha das consecuencias de eliminar este persoal, sen dar ningún paso para a súa reposición, é a lentitude na reparación de fugas de augas fecais como é o caso da que hai na Rúa da Rocha, vía paralela á Duquesa de Lugo e nas inmediacións do Río Rato.
Tal como explicou o popular, “trátase dun problema que os veciños da zona levan sufrindo moitos meses”, polo que insta aos socialistas a “solucionar esta desfeita”. Nesa liña, Antonio Ameijide indicou que “é unha situación que periodicamente se repite, cada vez que se produce unha tromba ou se suceden varios días con chuvias”. Deste xeito, o responsable de Infraestruturas do Grupo Municipal do Partido Popular apuntou que “ademais do olor nauseabundo que se desprende desta arqueta que continuamente se levanta, tamén saen augas fecais e residuos que contribúen a que o impacto sexa máis forte”. “Esta situación vese agravada cando as chuvias son intensas e continuas”, puntualizou Ameijide.
Por último, Ameijide detallou que “non se trata só do risco de contaminación da zona e do cauce, senón que tamén está a destrozar o paseo do Rato e a provocar unha notable situación de insalubridade”.