El concejal del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide señala que el Ayuntamiento de Lugo corre el riesgo de colapsarse de nuevo con las instancias de los interesados en optar a las bolsas de empleo municipales, ya que se esperan cientos de solicitudes
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, pregunta a Lara Méndez polo xeito de xestionar as bolsas de traballo do Concello de Lugo que vén de anunciar recentemente e que o sábado se publicaron no BOP, xa que poden provocar un “atasco” en dependencias municipais semellante ao que se produciu coas solicitudes do Plan Reanima, o que demostra que fan todo de xeito improvisado e sen ter as cousas traballadas.
Antonio Ameijide explica que a alcaldesa pon moi difícil aos lucenses acollerse a este plan, xa que segundo as bases que se publicaron o sábado no BOP, os interesados teñen un prazo de 10 días para presentar as súas solicitudes e xuntar toda a documentación precisa, un prazo “mínimo” dada a situación na que se atopan todas as administracións públicas, nas que hai que solicitar cita previa para realizar calquer tipo de xestión.
Un eido ao que hai que engadir as solicitudes de certificados. Debido a situación actual que vivimos, as solicitudes de certificados oficiais que hai que os interesados teñen que pedir a administracións e empresas poden demorarse, polo que existe o risco de non poder entregalos no prazo marcado de 10 días.
O popular sinala que, polo menos, no rexistro xeral do Concello de Lugo vai ser case imposible poder presentar a documentación a tempo, xa que interesados criticaron que están a dar citas para dentro duns 15 ou 20 días. “Os prazos marcados polo Concello non son asumibles para presentar a documentación no propio rexistro municipal, polo que os interesados terán que facelo por vía telemática, sempre que dispoñan da sinatura electrónica, ou ben agardar que noutras administracións non dean citas con tanta demora”, explicou. Non se pode entender que marquen un prazo para rexistrar unha documentación cando son conscientes de que no propio rexistro do Concello dan cita no dobre do prazo estipulado.
Ameijide tamén advirte de posibles erros nas bases da convocatoria, xa que, por exemplo, o modelo da solicitude non semella correcto ao non indicarse a quen ten que dirixirse a mesma ao carecer de “área ou responsable da bolsa de emprego”. Esta situación pode implicar se perdan instancias no caso de que haxa interesados que opten por presentar a solicitude nos rexistros doutras administracións xa que non está claro a quen teñen que dirixirse. Noutras convocatorias semellantes realizadas polo Concello si que se indicou claramente no modelo de solicitude o servizo ou dependencia municipal ao que dirixir a instancia.
O popular tamén alerta dunha posible falta de transparencia no proceso. No apartado 1 das bases, hai categorías profesionais que non requiren de especialización algunha. Non se citan as categorías profesionais que poden optar a determinados postos, nin tampouco se poden consultar, polo que non está claro que tipo de formación é precisa para concursar a eses postos.
Por último, na convocatoria faise alusión a unhas bases xerais das bolsas de traballo municipais sen indicar onde se poden consultar as mesmas nin que boletín oficial están publicadas. Especialmente grave é esta situación porque cando se chama ao teléfono de información municipal non se aporta ningunha información ao respecto nin onde consultar as mesmas. Por este motivo, xunto con outras deficiencias, como non indicar a idade mínima para optar aos postos ou a posibilidade de inscribirse estranxeiros en situación regular ou incluso non indicar o tipo de recurso do que son susceptibles, algunhas das persoas interesadas que se puxeron en contacto co Grupo Municipal Popular alertaban da posibilidade de que se impugnaran estas bases.