EconomíaTurismo

El PP afea a la alcaldesa que “tenga que pensar” que Lugo sea principio y fin de una etapa de la vuelta ciclista de España

By 21 septiembre, 2015febrero 1st, 2016No Comments

El portavoz del PP desveló que la Xunta le ofreció esta posibilidad a Méndez, lamentando “su miopía política por no aceptar de inmediato la opción de que el Ayuntamiento albergue esta prueba de ciclismo que supondría un impulso para la economía local”

O voceiro do Grupo Popular do PP insta a alcaldesa a que tome a iniciativa e que acepte de inmediato a proposta que lle fixo a Xunta  para  que Lugo sexa etapa da volta ciclista a España.

Jaime Castiñeira lamentou “a miopía de Lara Méndez e a lentitude de reflexos” por non ver unha oportunidade de ouro nunha proposta que lle fixo a Xunta de Galicia “estamos falando dun acontecemento deportivo que contribúe á promoción turística das cidades onde se celebra xa que ten unha repercusión mediática a nivel nacional e internacional”.

Os populares afirman que xa é hora de apostar por proxectos deste tipo “necesarios para impulsar a economía local xa que estamos falando de aloxamento de equipos participantes e organización entorno a unhas 3.000 persoas”. Canto á promoción turística do municipio indicou que “a cobertura televisiva, e doutros medios tanto tradicionais como redes sociais repercutirá na difusión de Lugo”. O voceiro popular apunta que “ainda se está a tempo e mesmo suxire que o pelotón de ciclistas pase por lugares emblemáticos como podería ser dar unha volta ao redor da muralla”.

O popular tamén  plantea á alcaldesa que non se repita “o erro que cometeu a semana pasada ao rexeitar reunirse coa Ministra de Fomento quedando en evidencia a súa falla de cintura política en cuestións de calado e que afectan ao futuro dos lucenses”. Castiñeira pregúntase si este comportamento político con outras administracións responde a que estamos cerca dunhas eleccións.

Castiñeira insiste en que co tema da etapa da volta ciclista para Lugo paga a pena cantos esforzos sexan necesarios no ámbito da colaboración institucional “cando se fala de promoción do territorio e a promoción do turismo de toda a provincia hai que aunar forzas dende Concello e Deputación”. Castiñeira indicou que “quen debe ter un protagonismo especial é Lugo e os lucenses e as administracións debemos estar á altura”.

Castiñeira afirma que pasados os  primeiros 100 días de goberno da alcaldesa vese “que é necesario que poña os pés na terra e que aterrice canto antes xa que a percepción que traslada aos lucenses é dunha absoluta falla de reflexos por non ver oportunidades coma e dunha falla absoluta de proxecto de cidade xa que a única medida que implantou (eliminar o contrato da ORA) unha moi mala copia  do programa do PP”. O voceiro do PP concluiu que as reaccións de Lara Méndez reflicten a súa inseguridade á hora de tomar decisións  “vai de erro en erro” porque ainda non asumiu que é alcaldesa e non Vicepresidenta da deputación “esto é xestión diaria señora Méndez”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies