Cultura

El PP afea al BNG esquivar peticiones para hacer tours en streaming en O Vello Cárcere mientras le hace competencia desleal a profesionales habilitados del sector

By 2 mayo, 2022No Comments

La concejal popular Beatriz Vázquez explica que el pasado 30 de marzo, se registró una petición para pedir autorización para hacer esta visita en directo desde este centro cultural, solicitud que se reiteró el pasado 5 de abril sin que hasta ahora había recibido ninguna respuesta

O Grupo Popular pide ao BNG “maior transparencia na contratación e un trato igualitario a todos os empresarios do sector turístico de Lugo”. Esta reflexión do PP vén ao fío da “negativa dos nacionalistas a responder a unha petición que se cursou o pasado día 30 de marzo no Concello de Lugo para poder utilizar o edificio do Vello Cárcere para facer tours en streaming e que a día de hoxe, pese a que se reiterou o 5 de abril, segue sen resposta.

A concelleira popular Beatriz Vázquez explica que, curiosamente, esta petición fíxoa unha das guías da Asociación Profesional de Turismo de Galicia que recentemente amosou a súa queixa pola “competencia desleal a profesionais do sector por parte do concello” en referencia ás visitas guiadas gratuítas que ofrece a Concellería de Cultura dende hai tres anos, tanto en Semana Santa como no verán.

Dende o Partido Popular inciden en que as administracións están para facilitar o traballo aos profesionais e non para poñerlles trabas “o que sucede en Lugo é a antítese do que pasa noutros lugares” recalcando que “os tours en streaming están dando moi bos resultados e que en cidades como Santiago ou A Coruña xa se están desenvolvendo en localizacións ás que lles dan autorización sen ningún problema. como son o Centro de Interpretación da Torre de Hércules ou da zona de acceso restrinxido do Porto de A Coruña”.

Vázquez explicou que pedirá explicacións en comisión “dos motivos polos que se atrasou a resposta a esta profesional así como tamén reclamarán información sobre as visitas guiadas gratuítas que se desenvolven dende a área de Cultura”.  “Cremos que a fórmula que emprega o bipartito de contratos menores está a ser moi abusiva e algo que debería ser excepcional xa se está convertendo en algo normal” puntualizando que “máis do 75% da contratación realizada nesta área no presente mandato fíxose a través deste procedemento excepcional que suxire que só se traballa co BNG se tes un padriño ou un amigo dentro”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies