Infraestructuras

El PP afea al BNG “renegar ahora” del carril bici cuando su voto permitió a Lara hacer esta infraestructura

By 17 abril, 2023No Comments

Para los populares las recientes declaraciones de Enrojezco en contra del carril bici desenmascaran la verdadera forma de actuar del BNG criticando “la falta de fair play y el postureo de la formación nacionalista que intenta distanciarse de una obra que hizo el gobierno, del que él forma parte”

A proximidade das eleccións municipais semella que comeza a poñer nervioso a Rubén Arroxo e aos membros do BNG xa que agora renegan do carril bici, unha infraestrutura que sempre apoiaron, como o fixeron co seu voto a favor en xullo de 2015 en xunta de goberno local para aprobar a contratación da obra.

Os populares denuncian que “Rubén Arroxo agora quere afastarse da xestión do goberno local de Lugo, do que el e o resto de concelleiros do BNG forman parte” e que “foron necesarios para que o carril bici sexa hoxe unha triste realidade da que renegan”.

No Grupo Popular poñen como exemplo a proposta que defenderon en pleno en xuño de 2021 na que se pedía:

  • Que se paralicen as obras do carril bici en tanto no se estudien os problemas que está a causar coa eliminación de aparcamentos en zonas do entorno de Marqués de Ombreiro, Barrio de A Residencia… e se garanta o mantemento do aparcamento ou a proxección de alternativas, así como os problemas de seguridade para os usuarios que pode representar nalgunha zona

Ante esta proposta, Rubén Arroxo seguiu o sentido de voto de Lara Méndez e votou en contra de paralizar as obras. “Queda claro que o PP foi un único grupo que se opuxo ao carril bici e Rubén Arroxo sempre o apoiou, pero agora renega del xa que se decatou de que hai un clamor na cidade contra esta infraestrutura que o seu voto a favor permitiu que se executase”, denunciaron.

Os populares recordan ademais que o PP foi o único grupo que realizou numerosas xuntanzas en diversos barrios e zonas da cidade, como na Residencia, Marqués de Ombreiro, Ronda do Carme…, nas que centos de veciños sempre amosaron o seu rexeitamento a esta infraestrutura e “os concelleiros populares fomos os únicos que escoitamos aos veciños e defendemos no pleno e nas comisións as súas xustas reivindicacións”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies