Zona ORA

El PP afea al gobierno local que ningunee al Valedor do Pobo al desoír sus reiteradas recomendaciones

By 30 diciembre, 2015enero 29th, 2016No Comments

Ameijide puso como ejemplo significativo de la obstinación de los socialistas en no contestar a esta institución el caso de la vecina sancionada cuando tenía el ticket de la ORA a la vista y en vigor “teniendo en cuenta que ya van tres requerimientos para que le devuelvan el importe”

O Grupo Municipal do Partido Popular critica “o pasotismo político” do goberno local que de forma reiterada non responde aos requerimentos do Valedor do Pobo. Antonio Ameijide puxo como exemplo “da persistencia ao mutismo dos socialistas  con esta institución” o caso da veciña de Lugo que foi sancionada cando tiña o ticket da ORA á vista e en vigor. Por ese motivo a afectada trasladou a súa queixa ao Valedor do Pobo dado que a resposta que recibiu do Concello foi “que non atopa maneira de resolver satisfactoriamente o problema”. A partir de aí hai chegaron ata tres recomendacións  do Valedor , a do 19 de setembro de 2014, o 20 de xaneiro e  8 de abril de 2015, nas que se reclama que se diten as resolucións necesarias dirixidas á empresa concesionaria para que proceda á devolución dos importes cobrados indebidamente.

Ameijide detallou que no último requerimento se alerta de que “de non recibir do Concello a resposta aínda pendente no prazo de quince días se entendería que se desatende a obriga legal e se rexeita de xeito tácito a recomendación”. Nese senso o concelleiro popular matiza que o asunto incluirase no Informe Anual o Especial correspondente, con mención do nome ou nomes das autoridades ou funcionarios que persistan nesta actitude.

Para os populares “o silencio por parte de gobierno socialista non só dana a boa imaxe do concello de Lugo senón que desprestixia aos funcionarios da administración local”. O concelleiro do PP apelou á responsabilidade do goberno socialista para que desista na súa actitude e axilice a resposta non só ao Valedor do Pobo senón tamén aos veciños que presentan reclamacións por responsabilidade patrimonial. “Estamos falando de máis de 500 reclamacións de responsabilidade patrimonial pendientes de resolver” concluyó Ameijide. Os populares lembran que “entre outubro de 2013 e xullo de 2015 rexistráronse 149 reclamacións, das que só 15 se responderon”. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies