transparencia

El PP afirma que la suspensión de la Junta de Gobierno Local “por falta de asuntos a tratar” delata la parálise en la que está el bipartito de Lugo

By 23 agosto, 2023No Comments

A voceira do PP ve inconcebible que “nunha cidade de máis de 90.000 habitantes se aprace a reunión semanal que tiña que terse celebrado hoxe do órgano de toma de decisións máis importante que ten o Concello” achacando esta situación “á  falta de traballo de PSOE e BNG”.

  • A voceira do Grupo Popular Elena Candia explicou que Lugo “necesita un goberno implicado, traballador e comprometido que aborde os problemas da cidade” puntualizando que “a conclusión que sacamos da suspensión da xunta de goberno local proba que temos xusto todo o contrario”
  • O decreto que asinou a alcaldía xustifica a decisón de suspender a reunión, que estaba previsto que se celebrase hoxe ás dez da mañá, indicando que “só figura un asunto para ser tratado nela”
  • A popular manifestou que “nunha cidade de máis de 90.000 habitantes con innumerables cuestións de envergadura sen resolver non se entende que se chegue a este extremo” razoando que “esta situación é froito da falta de traballo do bipartito de Lugo”
  • En 48 horas, tras chegar de vacacións, a alcaldesa pasa de presumir dunha axenda intensa a asinar como un dos seus primeiros decretos a suspensión desta reunión
  • Os populares din que esta decisión afecta é “aos centos de familias, autónomos e emprendedores que agarda anos para que o resolvan as súas peticións de licencias; ou tamén aos lucenses en xeral porque é neste órgano onde se impulsan as adxudicacións de contratos caducados que se deberían abordar canto antes para evitar pagos con reparos de legalidade e aforrar cartos e mellorando os servizos que se prestan aos lucenses

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies