El portavoz del Grupo Municipal del Partido Popular Jaime Castiñeira afirma que “es un pronóstico de lo más optimista” teniendo en cuenta que, antes de proceder a la restauración de la fuente de la Praza do Campo, el gobierno local debe redactar un estudio técnico que debe informar la Consellería de Cultura
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira, criticou “a pasividade do goberno socialista e ausencia de pasos dados para restaurar, nun tempo razoable, a fonte de San Vicente da Praza do Campo”.
Castiñeira asegurou que “o absoluto desinterese” do PSOE por rehabilitar este conxunto histórico vai retrasar a reparación desta peza destrozada polos vándalos hai case mes e medio. O popular pronostica que “o santo non vai recuperar a cabeza ata, como pronto, despois do verán”. Esta afirmación do voceiro popular ten como base o procedemento que se precisa para restaurar este elemento arquitectónico criticando que “o goberno local debe redactar o estudo técnico que logo debe informar á Consellería de Cultura”.
Castiñeira explicaba que “neste momento non hai ningún documento preparado” salientando que “a parsimonia do PSOE, que xa é criticable o é ainda máis se temos en conta que para que empecen os traballos de reparación da fonte o proxecto técnico debe contemplar un plan de restauración do conxunto histórico do que forma parte” engadindo que “a intervención que programe o Concello deberá contar co visto bo da Consellería de Cultura”. O voceiro popular manifestou que toda esta tramitación conleva unha serie de prazos indicando que “é lamentable que a parte que lle toca realizar ao Concello, por despreocupación, non se está a facer”.
Lembrar que os populares presentaron unha batería de preguntas para clarificar se o San Vicente é recuperable na súa totalidade, os custes da restauración así como o prazo estimativo para a súa recuperación. Para os populares urxe axilizar a reparación deste elemento arquitectónico que “constitúe un dos principais reclamos turísticos da cidade”. Castiñeira indicou que Lugo presume deste conxunto artístico-histórico nas diferentes publicacións e guías que se editan dende diferentes institucións matizando que “a súa recuperación é moi necesaria polo incalculable valor que ten, non só arquitectónico senón tamén sentimental, xa que está situado nunha das prazas máis emblemáticas do casco histórico”.