Jaime Castiñeira considera “escandaloso que los socialistas de Lugo en vez de asumir provisionalmente el servicio de la grúa con medios propios, tal y como se acordó en el pleno del pasado día 29 de septiembre, lo entreguen a una empresa investigada en la Pokemon”
O voceiro do Grupo Popular desvela que “se están a cumprir os peores pronósticos que confirman que o novo goberno local súmase ao mesmo tipo de xestión que practicaba Orozco e Liñares”. Jaime Castiñeira realizou estas declaracións logo da xunta de voceiros celebrada esta mañá e na cal “a alcaldesa avanzou que se prorrogará o contrato do guindastre á empresa que tivo a concesión nos últimos anos e que está investigada na operación Pokemon”.
Castiñeira afirma que “é escandaloso que sabendo dende o día que se asina o contrato a data da súa finalización; sabendo que a prestación do servizo está supoñendo un déficit de entorno a medio millón de euros anuais e, tendo coñecemento desta situación, polo menos a través das reiteradas iniciativas que presentou o Partido Popular (a última o pasado 29 de setembro) resulta unha tomadura de pelo que hoxe a alcaldesa diga non hai outra saída”.
Os populares opóñense á esta prórroga e acusan ao novo goberno local de actuar con premeditación “deixaron pasar o tempo sen adoptar ningún tipo de decisión e agora, a uns días do remate do contrato, din que non hai outra saída para prestar o servizo do guindastre”.
No Partido Popular tiñamos claro que “era viable, mentres non se readxudicaba o servizo, a súa municipalización xa que as grúas xa son propiedade do concello e hai persoal propio que podería realizar a xestión directa”. “Sabían cando acababa o contrato e pudieron anticiparse” indicou o voceiro dos populares engadindo que, pola contra, os socialistas “preferiron deixar pasar o tempo e, agora no último minuto, anuncian a prórroga e coa mesma empresa”. “No me sorprende esta reacción” matizou Castiñeira interpretando que a prórroga a Cechalva podería responder a que “ou ben non saben por onde andan, ou ben van a tiro fixo”.
O popular tamén lamentou a manipulación por parte do novo goberno xa que “si pode prorrogar unilateralmente o servizo do guindastre demostra ás claras que o futuro dos traballadores da ORA non dependen do Partido Popular”.