Urbanismo

El PP afirma que Lara Méndez niega el consenso en la ordenanza de urbanismo al tener en cuenta solo el 3% de las alegaciones presentadas por los Populares y profesionales

By 17 marzo, 2023No Comments

Antonio Ameijide denuncia que de las más de 80 alegaciones presentadas al borrador de la ordenanza de urbanismo, el gobierno de Lara Méndez solo tuvo en cuenta 3 que se limitaron a corregir varios errores de fechas y plazos legales y para cambiar un punto obligados por una modificación legislativa relativa a la tramitación de las licencias de primera ocupación veía comunicación previa

Queda patente a falta de humildade e nula capacidade de diálogo que atesora Lara Méndez tras ver como a rexedora rexeitou o 97% das alegacións que se realizaron por parte dos diferentes colectivos profesionais e do Partido Popular.

Antonio Ameijide explica que se rexistraron 81 alegacións, das que unicamente se estimaron 3 para corrixir varios erros de datas e prazos legais e adaptar un punto obrigatoriamente por mor dunha modificación lexislativa referente á tramitación das licenzas de primeira ocupación vía comunicación previa (lei 7/2022 de 27 de decembro de 2022).

Tras estudar de novo o texto proposto por Lara Méndez queda patente que “esta ordenanza non vai a solucionar ningún dos problemas actuais” xa que “non se escoitou en ningún momento a voz dos que coñecen a realidade do sector, que son os propios sectores profesionais”. “Dende o Partido Popular temos claro cal é o camiño a seguir: escoitar aos sectores afectados, algo que fixemos nas diferentes xuntanzas mantidas que serviron para consensuar as alegacións”, sinalou. (Ao final do documento explícanse algunhas das alegacións máis importantes que PSOE e BNG decidiron non ter en conta).

As alegacións presentadas tiveron o seguinte retorno:

  • Coag Lugo: 5 alegacións e ningunha estimada
  • Coag Galicia: 45 alegacións e só unha estimada de xeito parcial, ademais da alegación estimada a todos os grupos en referencia á licenza de primeira ocupación vía comunicación previa
  • Apec: 8 alegacións e só estimada a que fai referencia á licenza de primeira ocupación vía comunicación previa
  • GMPP: 23 alegacións estudiadas, unha sen responder e tres estimadas, que en realidade xiran en torno á mesma que estimaron a todos os grupos en referencia á licenza de primeira ocupación vía comunicación previa

 

Alegacións destacadas que non se tiveron en conta

  • Nos artigos 8 e 23 sería convinte incluír unha aclaración de cara a tramitación da ocupación de vía pública en caso de comunicacións previas.

De xeito que non sexa preciso agardar á resolución favorable da comunicación previa para a solicitude e posterior autorización dunha ocupación de vía pública.

Se de acordo coa norma que rexen as comunicacións previas, a obra pode comezar aos 15 días da presentación da comunicación, aínda sen resposta favorable por parte do concello, non parece lóxico que a ocupación de vía non se conceda ata que se emita licenza favorable ou autorización á comunicación previa.

Perdendo deste modo toda a axilidade no procedemento que se gaña coa comunicación previa.

Se a norma en aras á axilidade favorece o inicio das obras en 15 días, a ocupación de vía necesaria para as mesmas, debería ser tamén autorizada en canto sexa posible iniciar os traballos de acordo coa norma, sen necesidade de autorización expresa á comunicación previa por parte do Concello de Lugo.

  • No artigo 26 “Presentada a solicitude e unha vez realizada a verificación documental, se esta non reúne os requisitos ou se a documentación está incompleta, requirirase á persoa interesada para que no prazo de 15 días, corrixa a falta ou achegue a documentación preceptiva, con indicación de que se non o fai, teráselle por desistida da súa petición”.

A citada redacción parece un tanto inxusta para o administrado, quedando absolutamente desprotexido en caso que na resposta ao primeiro e único requirimento non cumpra todo o pretendido polos técnicos municipais. Calquera que coñeza o día a día do sector sabe da ambigüidade das normas en ocasións, que provocan diferentes interpretacións. Ter so unha oportunidade para responder deixaría desprotexidos aos administrados en caso de diferencia de criterios entre os profesionais na interpretación da norma.

Por outra banda o prazo de 15 días, en certos requirimentos é un prazo case imposible de cumprir en función da envergadura dos cambios precisos.

Proponse que non se poida declarar a caducidade do procedemento dando unicamente unha oportunidade de responder ao administrado e en caso de requirimentos de gran calado no proxecto dar un prazo maior para os cambios.

  • No artigo 33.2 “no caso de que a resolución do procedemento se producise unha vez superado o prazo máximo de 3 meses e non se tivera formulado requirimento ningún para subsanar deficiencias ou mellora da solicitude, por atoparse, xa de inicio, a documentación correctamente presentada e de xeito completo, ola interesado/a terá dereito á solicitude de devolución dun 30 % do importe aboado en concepto de taxa pola prestación de servizos urbanísticos”.

O Concello de Lugo debe garantir a resolución das licenzas no prazo máximo de 3 meses que marca a lei.

En caso de non cumprir, o importe de devolución racional seria devolver integramente o importe ingresado polo administrado ao Concello de Lugo, tanto en concepto de taxas como de imposto municipal.

  • No artigo 50 “nin a contestación ás consultas urbanísticas, común e especial, nin a cédula urbanística terá efecto vinculante para a Administración Municipal e contra elas non cabe a interposición de recurso algún”.

Resulta chamativo que as certificacións emitidas polo Concello de Lugo, polas que cobra aos administrados, non teñen ningún tipo de efecto vinculante para a propia administración que as emite e cobra, polo que é preciso que sexa vinculante, máis aínda cando é expedido polo concello e se lle cobra ao administrado.

  • Ao longo de varias alegacións, desde o Partido Popular esiximos que se garanta a atención presencial ao interesado.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies