Antonio Ameijide exige a Lara Méndez que envíe inmediatamente la documentación a la Xunta de Galicia para que poda avanzar la tramitación y aprobación definitiva y así poder desatascar un plan encallado desde hay más de una década por la falta de capacidad del PSOE para llegar a acuerdos
O pasado 23 de xuño os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular daban o seu voto a favor, no pleno extraordinario convocado por Lara Méndez, ás modificacións realizadas no 5% pendente do PXOM. Un voto favorable que se daba por mor da “política útil e seria que fai o Partido Popular, unha política na que non caben os sectarismos senón que sempre primamos a procura de consensos para conseguir un Lugo mellor”.
Un pleno extraordinario, convocado por Lara Méndez pola urxencia na tramitación do 5% pendente, xa que a rexedora afirmaba que a aprobación do Plan Xeral era “necesaria para o desenvolvemento da zona rural” e incidía en que “fomenta o rural con feitos e non só con palabras, cando hai outras administracións como a Xunta que non se cansa de dicir que mira para o rural, pero mírao de lado porque realmente non fixo ningunha política activa para fomentar todas esas actuacións que son necesarias para o asentamento da poboación e o incremento de servizos”.
Afirmación e acusacións que non se acompañan de feitos xa que case tres meses despois de que se dera a esta documentación o visto e prace Lara Méndez aínda non remitiu a documentación á Xunta de Galicia para a súa revisión e, no caso de ser correcta, posterior aprobación definitiva por parte do pleno municipal.
Para os populares “estamos ante un novo exemplo da falta de xestión de Lara Méndez á fronte do Concello de Lugo” e preguntan á rexedora “onde está agora esa preocupación polo rural da que fai gala”. “A realidade é que unha vez que Lara Méndez conseguiu o titular e a foto deu carpetazo ao PXOM. Lugo precisa dun goberno serio, que se preocupe polos lucenses, e iso pasará en canto chegue o PP ao goberno local o vindeiro ano”, afirman os populares.
Ademais, urxen a Lara Méndez a enviar a documentación de inmediato á Xunta de Galicia para que poida ser revisada polos técnicos autonómicos e, no caso de ser correcta, volver ao Concello de Lugo para a súa aprobación definitiva. “Sempre defendemos que este PXOM non é o noso e que é un mal plan, pero é mellor telo que non telo”, explican.
Cronoloxía aprobación 5%PXOM
- 14 de xuño de 2022: Xuntanza da comisión de planeamento previa ao pleno extraordinario do 5%PXOM. Celébrase sen que o goberno local enviara a documentación aos grupos municipais.
- 16 de xuño de 2022: O Grupo Municipal do Partido Popular pide o adiar o pleno extraordinario do 5% do PXOM ante a imposibilidade de analizar en tempo e forma toda a documentación.
- 17 de xuño de 2022: O 5% do PXOM queda no aire ao non obter a maioría suficiente para a súa aprobación ante a incapacidade de Lara Méndez para negociar e chegar a acordos.
- 23 de xuño de 2022: Aprobación inicial do 5% do PXOM tras obter maioría suficiente (o PP votou a favor). Tras esta aprobación o Concello de Lugo debe enviar á Xunta de Galicia a documentación para a súa revisión (a Xunta ten tres meses de prazo para a revisión unha vez recibida a documentación).
- 6 de setembro de 2022: Lara Méndez aínda non enviou á Xunta a documentación do 5% pendente do PXOM.