El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide afirma que “las cifras de la cuenta general del año 2017, que se presentaron hoy con siete meses de retraso, son otro ejemplo más de la parálisis de los socialistas de Lugo que “ ralentizan la actividad económica y frenan la creación de empleo en el municipio”
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide analizou os datos da conta xeral correspondente ao ano 2017 e na que se reflicte “o desfase que hai entre a previsión de ingresos que fai o goberno socialista e a recadación final que entra en caixa”. “Deixamos de ingresar 34.050.726,56” afirmaba o popular, aclarando que “esta cifra é o resultado da diferencia dos 107.227.144 € que se preveían ingresar e os 73.176.418M€ que finalmente obtiveron”.
Ameijide enumeraba algún dos indicadores que indican a ralentización da economía local como son a rebaixa nun 40% da taxa de apertura de novos negocios “mentres que Méndez preveía ingresar, no exercicio 2017, 380.000 euros a cifra final foi de 229.466 €”. “Estamos a falar dunha merma de máis de 150.000 € o que pon en evidencia que tamén fallan as políticas de fomento do emprendemento e o emprego de Lara Méndez”.
O voceiro do PP explica que a parálise do goberno que encabeza Lara Méndez tamén se traduce na reducción nun 21% os ingresos do ICIO xa que do millón previsto os ingresos tan só alcanzaron 842.675 €. “Está claro que o retraso na concesión de licenzas, xunto co bloqueo da aprobación do 5% pendente do PXOM son dous handicaps que frean a economía local”.
Outros exemplos do que deixamos de recadar e que confirman o que o PP leva denunciado, en reiteradas ocasións, de que estamos diante duns orzamentos ficticios son as seguintes diferenzas entre o que se ingresou e o que se preveía estamos falando de que non entrou en caixa: 1,4 € do Imposto de Bens Imobles; 937.507 € do Impostos de Vehículos de Tracción Mecánica; 715.076 € do Imposto de Actividades Económicas; 2.132.891 € da taxa de recollida de lixo …
O popular afirma que este caos tamén se prueba con outras cifras que forman parte da radiografía da economía do municipio e que se recollen na conta xeral “nos tres anos de Lara Méndez a cifra de dubidoso cobro é de 22,3 millóns de euros” matizando que estamos falando de diñeiro que era un dereito recoñecido e que non se cobrou”.
Ameijide reflexionaba que “o descontrol municipal e a morosidade medra como consencuencia da falta de control e tamén do desmantelamento de servizos como o de inspección tributaria diezmado polo PSOE pese a que se trata dun servizo considerado esencial”.
Por último o voceiro popular manifestou que “é unha tomadura de pelo que mentres a parálise de Lara reduce os ingresos previstos, coa súa complicidade empresas privadas se lucren de propiedades municipais” en alusión ás últimas denuncias formuladas dende o Grupo Popular do aparcamento público que non paga o canon dende hai oito anos ou a empresa que explota gratis os mupis e marquesinas municipais. “Semanas despois a alcaldesa segue sen dar ningún tipo de explicacións acerca destas ilegalidades destapadas polo PP acreditando que están totalmente noqueados, pero o que non van poder evitar é ter que dar as explicacións oportunas diante da xustiza”.