InfraestructurasSin categoría

El PP afirma que el gobierno local torpedea sistematicamente obras de la Xunta en Lugo

By 20 febrero, 2017No Comments

El portavoz popular Jaime Castiñeira afirma que las actuaciones de puesta en valor de los hallazgos arqueológicos de la muralla y la eliminación del tapón urbanístico de la Calle Fisterra siguen paralizadas por la falta de gestión de los socialistas.

O Grupo Municipal do Partido Popular critica que se paralicen investimentos que contan con financiación autonómica pola ralentización á hora de tramitar as autorizacións municipais. O voceiro popular Jaime Castiñeira explicou que, nas Comisións que se celebraron nas últimas horas, quedou en evidencia que os socialistas “torpedean sistemáticamente” intervencións que dependen da Xunta de Galicia. O popular aludía a dous proxectos que están parados porque non se conceden os permisos necesarios “trátase das actuacións de posta en valor dos achádegos arqueolóxicos na muralla de Lugo que a Xunta comunicou o 9 de setembro de 2016 e da supresión do tapón urbanístico comprometido o 19 de marzo de 2015”.

Con respecto á actuación na muralla o popular explicou que a autorización que solicitou a administración autonómica hai 5 meses  ainda está pendente de que se remita o informe á Xunta. O popular indicou que o custo dos traballos a desenvolver sería asumido pola Xunta, do mesmo xeito que o mantemento dos restos arqueolóxicos do que parece ser un túnel ou galería romana.

Castiñeira tamén considera un “desprezo absoluto” que os socialistas rexeiten un investimento de preto de 70.000 € da Xunta para eliminar este punto negro da rúa Fisterra “xa imos para dous anos e malia a boa vontade da administración autómica e o investimento comprometido o goberno local non se dignou a contestar ao convenio onde a Xunta se compromete a asumir a demolición deste tapón”.

 Fonte de San Vicente

 Os populares tamén lamentan que a lentitude na xestión afecte ás obras de recuperación da fonte de San Vicente “ao ritmo que marca este equipo de goberno, tal e como auguramos, non teremos reparada a fonte ata o verán” reflexionou Castiñeira.

O popular lamentou “o retraso en preparar a documentación necesaria para enviar á Xunta xa que, tal e como se informou na Comisión de Cultura desta mañá, se acaba de enviar á Xunta o estudo técnico do plan de restauración deste conxunto arquitectónico á Consellería de Cultura que é a que debe informar para que se inicien as obras.

O popular cree que dous mese é un prazo máis que suficiente para ter preparada esta documentación criticanto o desinterese dos socialistas “para axilizar a reparación desta peza de gran valor para os lucenses, non só dende o punto de vista sentimental senón tamén, porque supón un dos principais  reclamos turístico da cidade”

Quinta de Perez

Con respecto ás demandas para os veciños da Quinta de Pérez os populares conseguiron que o goberno local se comprometa a cambiar a malla metálica da pista deportiva que nalgún punto corre o risco de desplomarse. Tamén se conseguiu que se estude o repintado da rotonda que hai nesta zona así como recuperar a fonte pública que había no parque infantil.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies