El portavoz del Grupo Municipal del PP Ramón Carballo reitera la necesidad de devolver a una situación de legalidad los servicios que se prestan sin contrato o con el contrato caducado, ya que Lara Méndez y Rubén Arrojo desbloquearon en lo que va de año pagados al margen de la legalidad por valor de 20.300.302,61€
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, denuncia que Lara Méndez segue sen reaccionar e mantén ao Concello de Lugo nunha situación irregular ao perpetuar os pagos fóra da legalidade de anos anteriores, xa que no que no que vai de ano desbloquearon o pago de 20.300.302,61€ con reparos de legalidade.
Ramón Carballo lamenta esta situación e pon como exemplo desta negativa dinámica os pagos realizados en anos anteriores xa que por exemplo computando outros anos completos vemos como nun ano se pagou menos que no que levamos deste. Así, en 2017 os pagos con reparos de legalidade ascenderon a 20.562.861,19€ ou o ano 2018, no que a rexedora desbloqueou pagos fóra da legalidade por valor de 15.556.939,73€.
Para o voceiro popular é urxente modificar a política económica que Lara Méndez instalou no Concello de Lugo, co beneplácito de Rubén Arroxo, xa que semella que apostan por manter numerosos servizos municipais sen contrato ou co contrato caducado, o que leva camiño de marcar un novo récord histórico, no eido negativo para o Concello de Lugo, xa que de seguir nesta dinámica pode pecharse o ano superando os 30M€ con reparos de legalidade. “De confirmarse este vaticinio, máis do 33% do orzamento municipal se destinará a pagos ao marxe da lei”, afirmou.
A “nefasta” planificación económica da que fan gala tanto a alcaldesa como o vicealcalde mantén ao Concello de Lugo nunha espiral de pagos de facturas con reparos de legalidade, unha situación que cómpre cambiar para que Lugo deixe de ser protagonista por titulares negativos en materia económica.
Unha situación ante a que Ramón Carballo esixe unha reacción inmediata no bigoberno xa que é preciso devolver a unha situación de legalidade todos os servizos que se atopan ao marxe da lei. Nesta situación hai casos graves, como o contrato da recollida do lixo (que caducou o 31 de marzo de 2017) e polo que xa se pagou, no que vai de ano, 4.538.057.45€, o ciclo da auga que xa rexistra pagos ao marxe da lei por valor de 2.146.927,30€ (1.084.360,70€ da ETAP e 1.062.566,60€ da EDAR) ou o mantemento das zonas verdes, polo que xa se pagaron con reparos de legalidade 968.875,67€ . “Son moitos millóns de euros que se están a pagar ao marxe da lei e non se pode permitir que unha institución como o Concello de Lugo, que debe de ser exemplar, viva nesta espiral negativa”, afirmou.
O voceiro popular recorda que desde o servizo municipal de intervención xa se informou en numerosas ocasións que este tipo de pagamentos “derivan da prestación de servizos efectuadas sen soporte contractual que os ampare en función da súa natureza, informes nos que se sinalaba que se efectuaban os reparos ben porque tivera finalizado a vixencia dos respectivos contratos sen terse iniciado o expediente de novas licitacións, permitindo a continuidade das prestacións en precario e coa natureza da prórroga consentida sen cobertura contractual, ben porque se tivera considerado como gastos/contratos menores non xustificándose tal condición nin pola natureza, nin pola periodicidade nin pola contía acumulada”.