Urbanismo

El PP afirma que, tras 23 años de trámites, PSOE y BNG siguen bloqueado el PXOM

By 10 febrero, 2020No Comments

El vicevoceiro popular Antonio Ameijide reclama “que se reuna la Comisión de @Planeamento para informar sobre el estudio de cauces hidráulicos y hidrológicos, necesario para aprobar el 5% pendiente del Plan General, cuya factura de 62.000 € se pagó en octubre de 2018”

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide afirma que os socialistas nunca se tomaron en serio sacar adiante o Plan Xeral e a proba deste despropósito é que “tras nove anos da aprobación definitiva do 95% do PXOM  manteñen bloqueado o 5% restante, frenando o desenvolvemento dos núcleos rurais afectados”.

A tramitación deste documento é unha cronoloxía de retrasos e de parálise. Ameijide asegura que “ao goberno de Lara Méndez debería caerlle a cara de vergoña xa que levamos 23 anos de trámites dende que se contratou o PXOM (1997) e seguimos en punto morto; levamos nove anos cun PXOM aprobado de forma parcial, xa que está pendente o 5% que afecta a 160 núcleos do rural; levamos sete anos para subsanar á solicitude da Hidrográfica de preparar o informe de cauces, e tres anos dende que se contratou o informe”.

Con respecto ao mapa de estudos hidráulicos e hidrolóxicos necesarios para a aprobación do 100% do PXOM os populares reclaman que se convoque a Comisión de Planeamento e se lles permita acceder á documentación existente xa que segundo consta o concelleiro responsable de área pagou, en outubro de 2018, a factura de 61.710 €. por este traballo. Para os populares é preocupante que pase o tempo e que non haxa avances “descoñecemos que xestións se fixeron coa información obtida, e descoñecemos porque si está feito o traballo non se zanxa a aprobación definitiva do Plan Xeral de Lugo”. Por ese motivo instan a que se reuna este órgano co ánimo de impulsar a aprobación do 100% do Plan Xeral.

Ameijide explicou que “Lugo ten un Plan Xeral que está obsoleto en moitos aspectos xa que nin tan sequera se adaptou ás diferentes normativas urbanísticas que se publicaron dende o 2011 ano da súa aprobación” matizando que “hoxe deberíamos estar revisando o documento e adaptándoo á realidade do municipio”. O edil do PP lembrou que, nese senso, os populares nas propostas que fixeron para os orzamentos de 2020 xa reclamaron unha partida nos orzamentos municipais para que,  mentras se traballe na aprobación do 5% do Plan Xeral pendente, se faga paralelamente a revisión do PXOM.

Para o vicevoceiro popular “é unha irresponsabilidade  que o goberno local non avanzase no 5% pendente de aprobación bloqueando o desenvolvento social e económico do municipio”

Antonio Ameijide recriminou que os gobernos socialistas en vez de  traballar intensamente para aprobar o Plan Xeral ao único que se dedicaron foi a enredar e intentar culpabilizar a outras administracións da súa incompetencia”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies