Economía

El PP afirma que votar a favor de los presupuestos “es avalar a Orozco e Liñares”

By 13 mayo, 2016No Comments

El portavoz popular Jaime Castiñeira asegura que “los grupos políticos que se abstengan o apoyen el miércoles que viene los presupuestos municipales estarán blindando las políticas de personal de Orozco y Liñares que todos conocemos”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello, Jaime Castiñeira, afirma que “votar a favor dos orzamentos municipais para 2016 significa, ademais de avalar a Orozco e a Fernández Liñares, converterse en cómplices das nefastas e inxustas prácticas que amosaron na administración local”.

Nese senso, Castiñeira asegura que “aqueles grupos que o mércores que vén validen, ben co seu voto a favor ou ben coa súa abstención, esta proposta do goberno municipal estarán a validar e amparar as políticas de Persoal de López Orozco e Fernández Liñares que todos coñecemos á perfección”.

Deste xeito, o voceiro popular advirte de que “Lugonovo, BNG, Ciudadanos e ACE terán a semana próxima unha oportunidade perfecta para demostrar se ratifican ou non a oficina de colocación na que o PSOE converteu o Concello de Lugo dende a súa entrada no goberno hai xa 17 anos”.

Ante esta situación, Castiñeira anuncia que “dende logo, o goberno municipal non vai contar co noso respaldo porque o único que pretenden os socialistas é consolidar as prácticas que tanto dano lle fixeron a Lugo, aos lugueses e á imaxe da institución”.

Por último, o voceiro popular critica que “cando a alcaldesa xa está a piques de cumprir un ano á fronte do Concello, Lugo segue sequera sen un plan de investimentos”, o que revela que “non ten vontade ningunha de consenso nin de desbloquear asuntos prioritarios para a administración, comezando polos orzamentos, seguindo polo PXOM e rematando pola situación da ORA ou o transporte urbano, por citar só algunha das súas eivas durante os seus primeiros 11 meses”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies