Rafael Pérez explica que en la comisión de hoy Rubén Arroxo, responsable municipal de infraestructuras, confirmó que el Ayuntamiento de Lugo no ha previsto ningún plan para mejorar el aparcamiento en Fontiñas, desmintiendo así las palabras de Lara Méndez, que en el pleno de diciembre afirmó que su gobierno ya tenía avanzadas soluciones en este sentido
As mentiras de Lara Méndez seguen a ser unha constante na vida diaria municipal, a novidade neste caso chegou dende o BNG que esta mañá desmentiron á rexedora, ao asegurar Rubén Arroxo que o Concello de Lugo non está a traballar nin ten previsto ningún plan para mellorar a mobilidade en Fontiñas.
Explica o concelleiro do Rafael Pérez que na comisión desta mañá Rubén Arroxo, responsable municipal de infraestruturas, confirmou este extremo ao sinalar que a única posibilidade viable “para pola eliminación da medianeira, algo que non se contempla de ningún xeito” ao que Arroxo engadiu que “o problema de Fontiñas está en que está mal deseñada dende o principio”. “Agradecemos as palabras de Rubén Arroxo porque, ademais de confirmar que o goberno local non traballa por mellorar a mobilidade en Fontiñas, desmontan as mentiras de Lara Méndez, que no pleno de decembro dixo que o seu goberno estaba a traballar en varias solucións para a mobilidade nesta zona da cidade”, recordou.
Rafael Pérez sinala que o PP puxo hoxe sobre a mesa unha proposta para que o goberno local, cos fondos europeos que manexa e que previsiblemente vai recibir, impulse un gran aparcamento público en Fontiñas, ante a posibilidade de que o goberno de Lara Méndez de trazar un novo carril bici en Fontiñas que provocará a supresión de prazas de aparcamento.
Unha situación ante a que o PP puxo sobre a mesa tres alternativas para crear un gran aparcamento en Fontiñas. Ben podería ser un aparcamento nun talud do parque dos Paxariños, á altura do número 129, ou ben, noutro terraplén situado á altura do número 99-105 desta avenida (intersección Carril San Eufrasio). A terceira opción sería a de construír un aparcamento subterráneo no tramo comprendido entre a Praza do Camiño Primitivo e a rúa Doutor Balanzá. Tamén se valora a posibilidade de habilitar un aparcadoiro na rúa Primavera onde hai varias parcelas de titularidade municipal.