InfraestructurasUrbanismo

El PP agradece al Ministerio de Fomento “el desbloqueo” de los accesos del nuevo puente

By 28 julio, 2015febrero 2nd, 2016No Comments

Castiñeira reclama al Ayuntamiento de Lugo que le dé “a la mayor brevedad posible” su aprobación al proyecto remitido por el Ministerio para que cuanto antes se haga realidad esta inversión “tan importante”, estimado en cuatro millones de euros

O voceiro popular Jaime Castiñeira agradeceu esta mañá en rolda de prensa ao Ministerio de Fomento “o desbloqueo” dos accesos da nova ponte logo de que hai uns días o departamento de Ana Pastor remitise ao Concello os planos relativos a esta intervención, que conta cun orzamento estimado duns catro millóns de euros.

Tal como explicou durante a súa comparecencia, a proposta que vén de trasladar o Ministerio de Fomento inclúe tres actuacións, xa que ademais do vial de conexión da nova ponte coa rúa Santiago, a través da Volta da Viña, tamén prevé a conversión en glorieta da intersección existente entre a N-VI e a rúa Alfonso X O Sabio, “unha solución aos problemas de conxestión de tráfico que se rexistra neste punto e do que en tantas ocasións temos advertido”, agregou o popular.

Así mesmo, o proxecto tamén contempla a ampliación nun carril da calzada desta estrada N-VI en sentido Madrid, no treito comprendido entre a nova ponte e a citada nova glorieta á altura de Alfonso X O Sabio.

Á vista da entrada desta documentación, Castiñeira instou ao Concello de Lugo á dar “á maior brevidade posible” a súa conformidade e aprobación co obxectivo de que “canto antes” se poida comezar a traballar nesta infraestrutura. Nesa liña, o voceiro popular subliñou que “depende da axilidade do goberno municipal o feito de que poidamos ter unha triple mellora no ámbito do tráfico e a mobilidade”, polo que pediu aos socialistas que “non boicoteen esta iniciativa, aínda que sempre se opuxeron a ela, e que lle dean a maior axilidade”.

Solución alternativa á vontade do PSOE.-

Polo demais, o voceiro popular destacou  que “o proxecto elaborado polo Ministerio de Fomento demostra, como tantas veces apuntamos e defendemos dende o Grupo Municipal do Partido Popular, que existía unha alternativa clara é viable á vontade decidida do PSOE lugués, que era realizar esta conexión atravesando o parque Marcos Cela”, tal como era a pretensión do ex Ministro de Fomento, José Blanco, do ex alcalde, José López Orozco, e do ex concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro. Nese senso, o popular lembrou que o propio López Orozco, apuntara que a súa intención era facer este enlace a través do parque Marcos Cela para conectalo directamente con Pintor Corredoira. “Ata que chegou o PP ao goberno central, non se aparcou definitivamente ese proxecto”, indicou o popular.

Por último, Jaime Castiñeira puxo en valor que o departamento de Ana Pastor teña atendido “a vontade maioritaria da corporación” xa que na súa proposta recollen as solucións que o PP de Lugo trasladou ao pleno municipal de abril de 2011, na que ademais se reiteraban acordos previos, tamén a instancias deste partido, en maio de 2010 e xuño de 2009.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies