Mercado e Praza de Abastos

El PP agradece que, tras la presión ejercida, el gobierno local anunciara hoy que en la mayor brevedad posible convocará la comisión consultiva del Mercado y la Plaza de Abastos para dar voz a los placeros

By 28 abril, 2022No Comments

Desde el Grupo Municipal Popular se indica que “es una lástima que tengamos que presentar iniciativas en pleno para que PSOE y BNG cumplan con su propia normativa” añadiendo que “no nos importa marcarles el ritmo de trabajo si de este modo conseguimos que reciban y hablen con todos los vecinos aunque no tengan el carné nacionalista y socialista”

Nas pasadas semanas, dende a Concellería de participación cidadá, remitiuse aos industriais da Praza de Abastos e do Mercado de Quiroga Ballesteros una misiva que recordaba as obrigas que impón a ordenanza municipal aos titulares dos diferentes postos.

Como sexa que nos últimos tempos estes industriais se viron afectados por diversas actuacións municipais como a reforma da Praza de Abastos ou a peonalización da calle Quiroga Ballesteros, este Grupo vese na obriga de traer ante o pleno a demanda de que se proceda a cumprir cas obrigas que dependen directamente da institución municipal para dar conta e chegar a un consenso nas medidas precisas para dinamizar e poñer en valor os negocios que teñen a súa actividade nestas instalacións municipais. Se ben a ordenanza municipal recolle a obrigatoriedade de convocar unha comisión consultiva cada ano con carácter ordinario, podendo convocarse con carácter extraordinario si así o require algunha das partes, cabe plantexar se non debería ser neste órgano consultivo onde se adoptasen e transmitisen aquelas demandas que cada unha das partes teñan por convinte.

Estamos ante unha ordenanza que non se está a cumprir, que carece de revisións que garantan a súa idoneidade así como a súa actualización e utilidade, pero estamos nunha situación na que a administración municipal decide esixir o seu cumprimento literal aos titulares dos postos cando non é quen de cumprir cas obrigas que ela mesma se impuxo no seu momento ao redactar a norma.

Este Grupo Municipal xa levou a comisión de pleno diversas consultas sobre esta comisión, sendo como outras tantas iniciativas da oposición, ignoradas polo equipo de Goberno, que fai caso omiso das achegas polo simple feito de ser feitas pola oposición ou de apropiarse delas en beneficio propio.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  • Convocar de xeito inmediato a Comisión Consultiva de Prazas e Mercados no horario que facilite a asistencia do maior número de membros posible e que esta se estableza como cauce de comunicación entre o Concello de Lugo e os titulares dos postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros.
  • Crear, a partir de dita comisión, un grupo de traballo para a actualización da ordenanza municipal, adaptando o seu contido as demandas e necesidades actuais (a ordenanza é do ano 2011) e buscando medidas ambiciosas que leven a estas instalacións municipais a ter o volume de operacións comerciais desexables.
  • Establecer, de acordo cos titulares dos postos, un plan de dinamización dos mercados tradicionais que inclúa a Praza de Abastos e o Mercado Municipal e que fomente de forma activa as transaccións comerciais nestes establecementos.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies