Los populares aseguran que tienen constancia de que “el gobierno local va a empezar a devolver el cobrado de más a los vecinos a los que les tramitó su queja por lecturas erróneas de los contadores”
O Grupo Popular alerta de que se poderían estar producindo outra onda de facturas de auga con sobrecustes. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide chega a esta conclusión tras detectar que “nos últimos días varios veciños volveron a poñerse en contacto connosco porque non lles fixeron a lectura dos contadores ou houbo erros que propiciaron que se dispare o importe habitual que viñan pagando”.
O PP lamenta que o goberno local siga sen admitir a falta de xestión, o descontrol e a falta de dirección política que hai no concello xa que a estas alturas “ninguén se cre que o problema dos sobrecustes foi pola pandemia” reflexionando “resulta lamentable e infantil que recorran a estas escusas”. Mentres o PSOE e o BNG deciden que facer nós seguiremos tendo as portas abertas para axudar aos afectados a presentar as reclamacións oportunas.
Dende o PP tamén anuncia que pedirán explicacións en comisión sobre: Cal foi o número total de reclamación sobre as liquidacións da taxa de auga, lixo e sumidoiros que se rexistraron no Concello de Lugo no ano 2021? E no que vai de 2022?; Cantas destas reclamacións foron respondidas? Cales de xeito favorable ao contribuínte? E cantas en contra?; Daquelas que foron estimadas, cantas foron xa aboadas aos titulares do subministro? e das que están pendentes de resolución, cal é o prazo estimado para a mesma?.