InfraestructurasTráfico

El PP alerta del peligro del carril bici en la Volta da Viña y pide el rediseño del trazado para evitar peligros a ciclistas y conductores

By 2 noviembre, 2021No Comments

El vicevoceiro del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que el gobierno local quiere instalar el carril bici por la cuneta de la Volta da Viña, eliminándola y cubriéndola con cajas drenantes y pavimento en un punto en el que la suciedad las tupirá en días y hay un talud inestable que presenta desprendimientos habituales

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, alerta do perigo que pode xerar o carril bici ao seu paso pola Volta da Viña, unha zona que é un punto negro para a circulación na cidade e polo que o bigoberno pretende meter a calzador o paso para bicicletas.

Explica Antonio Ameijide que, segundo o proxecto publicado polo goberno local, na rúa Santiago, á altura da Volta da Viña, o carril de circulación en sentido baixada será compartido para vehículos e bicicletas, mentres que no carril de subida o carril bici “irá pola cuneta eliminando a mesma”.

A idea do goberno local é facer desaparecer a cuneta mediante a colocación de caixas drenantes que levarán por enriba unha especie de pavimento drenante para permitir a circulación das bicicletas, “unha solución que pode ser axeitada para outras zonas da cidade pero non para a Volta da Viña”. Antonio Ameijide fai esta reflexión ao tratarse dunha zona na que hai un talud inestable, no que se producen desprendementos cada pouco tempo, polo que o primeiro perigo xa é evidente.

A isto hai que engadir que este talud está cheo de árbores e, agora mesmo, pode verse a cuneta chea de follas, terras e suciedade que impiden xa que corra a auga, polo que o máis lóxico é que todos estes elementos tupan os microfurados das caixas, provocando que a auga vaia por enriba do pavimento, facendo aínda máis deslizante esta zona, que é un punto negro para o tráfico na cidade.

Por isto, o vicevoceiro popular pide unha reflexión ao goberno local para que busquen unha solución alternativa a este deseño, que podería pasar por unha proposta xa realizada semanas atrás polo Grupo Municipal Popular e que rexeitaron tanto PSOE como BNG: as pasarelas que unan o Rosalía de Castro co Marcos Cela e co Paseo do Miño.

Antonio Ameijide apunta que se trata dun proxecto que xa existe no Concello de Lugo e que incluso Rubén Arroxo sacou a relucir durante a última campaña das municipais pero que agora que está no goberno “non quere ver nin en pintura” e de feito votou no pleno en contra desta proposta facendo gala da incoherencia do BNG.

Para o popular esta solución mellorará a seguridade para todos os usuarios xa que o verdadeiramente importante dunha infraestrutura como o carril bici “é que sexa útil para todos os usuarios e non xere máis problemas”. Por iso, defende Ameijide que para o PP o carril bici é unha magnífica noticia, pero sempre que se faga con criterio, amosando como exemplo o caos que se xera agora na Ronda do Carme, unha avenida que se converteu nun embude para os vehículos e nunha trampa para os ciclistas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies