El concejal del Grupo Municipal del PP Rafael Pérez puntualiza que este pozo se encuentra en una de las aceras de la calle Domingo Fontán Rodríguez, en el Polígono de las Gándaras, en una zona por la que pasan los usuarios de esta zona industrial de la ciudad
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, alertou do perigo existente no Polígono das Gándaras, onde na beirarrúa da rúa Domingo Fontán Rodríguez hai un pozo aberto, sen ningún tipo de medida de seguridade nin aviso algún alertando do seu perigo, polo que pode caer calquer persoa xa que ten anchura suficiente para iso e unha profundidade que parece superior aos dous metros.
Rafael Pérez denuncia o perigo que supón este pozo aberto xa que non hai moitos meses que todos vimos por televisión o perigo real deste tipo buratos, polo que instamos ao equipo de goberno a pechar este pozo para non ter que lamentar ningún tipo de desgraza.
Neste senso, o edil popular reclama ao bigoberno “unha actuación eficaz” en lugar da “chapuza” que fixeron hai uns meses nos terreos que ocupaba o antigo matadoiro de Abella, cando taparon a entrada dos pozos cun valo e unha pedra. “Recordemos que tivo que ser un particular o que tapou varios dos pozos con cemento ante a desidia do anterior goberno, por iso pedimos que se tapen con urxencia e dun xeito totalmente seguro”, explicou.
O concelleiro popular lamenta o esquecemento ao que o equipo de goberno local somete a esta zona industrial da cidade, onde este tipo de perigos hai que engadir a mala imaxe que calquera pode ver xa que a maleza medra sen control e o aseo urbano é inexistente. Neste senso, Rafael Pérez urxe ao bipartito a realizar “un acondicionamento e mantemento periódico” das zonas verdes do Polígono das Gándaras, no que habería que incluír o parque infantil e o biosaudable que hai na rúa principal e as medianas, xa que nalgunha delas a altura que acada a maleza supera os dous metros.
Neste senso, o edil popular reclama este mantemento xa que a imaxe que levan os usuarios deste polígono industrial é a dunha zona selvática case coma unha zona abandonada, presentando un estado máis propio dun monte sen propietario que dun polígono industrial de primeira categoría. A isto hai que engadir o urxente arranxo do mobiliario xa que hai zonas nas que “a maleza oculta os bancos, moitos deles rotos e moi deteriorados”.