Seguridad

El PP alerta de una nueva okupación ilegal en Albeiros y exige a Lara Méndez la misma implicación y diligencia que en el inmueble okupado en el Carme

By 5 septiembre, 2022No Comments

Antonio Ameijide señala que Lara Méndez debería de ponerse a trabajar de inmediato en el desalojo de estos okupas, al igual que hizo en el inmueble de propiedad municipal del Carmen, a donde envió a la Policía y a los Servicios Sociales de inmediato, un caso del que ya anunció el desalojo de los okupas

Esta fin de semana produciuse unha nova okupación ilegal en Lugo, no barrio de Albeiros, deixando de manifesto, unha vez máis, o grave problema que temos no municipio con esta situación que cada vez afecta a máis e máis veciños.

“Unha situación ante a que dende o Grupo Municipal Popular xa nos puxemos a plena disposición dos veciños e por iso estamos en contacto permanente con eles para axudarlles en todo o posible”, afirmou Antonio Ameijide, que aproveitou tamén para esixir a Lara Méndez “a mesma preocupación que amosou trala okupación dun inmoble propiedade do Concello de Lugo”.

Neste caso, os veciños están moi preocupados xa que se trata de persoas moi violentas “polo que temen pola súa propia seguridade”. Segundo informan os afectados, na zona hai xente maior que agora ten medo de saír a pasear “por se lles fan algo” ademais de que hai sospeita de que nesa vivenda agora se realizan actividades ilícitas. “Hoxe, ás oito e media da mañá, estivemos alí cos veciños e comprobamos como tres dos okupas xa estaban á porta da vivenda con paos nas mans e cunha actitude pouco amigable”, sinala Ameijide.

Recorda Antonio Ameijide que no caso da okupación no Carme, Lara Méndez enviou á Policía e aos Servizos Sociais municipais e, como as negociacións non fructificaron xa anunciou o inmediato desaloxo dos okupas. “A actuación no Carme foi tremendamente áxil por parte da rexedora porque lle afectaba a ela, polo que agora lle esiximos o mesmo grao de preocupación e a mesma actuación para dar unha solución rápida aos afectados”, afirmou.

Para o vicevoceiro popular a actuación da administración “debe ser exemplar” e non pode implicarse cando se trata dunha propiedade pública e mirar cara outro lado cando se trata dunha propiedade privada.

Antonio Ameijide explica que ante esta vaga de okupacións que afecta ao municipio, o Grupo Municipal do Partido Popular presentará unha iniciativa no pleno para que o Concello de Lugo se implique na loita contra este problema e así poder defender aos lucenses que ven como non poden entrar nas súas propias vivendas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies