Economía

El PP alerta que la parálisis de las licencias en Lugo bloquea 46.7 M€ de inversión privada

By 28 marzo, 2022No Comments

El portavoz del Grupo Popular Antonio Ameijide explica que “este dato estimativo se calcula tomando como base los 206 expedientes, que el gobierno local confirma, en un documento oficial, que están pendientes de resolver en un cajón, algunos de ellos desde hace tres años”


O vicevoceiro do Grupo Popular lamenta que “pola falta de xestión deste bigoberno se bloqueen 46.7€ en investimentos privados en obras maiores”. Esta cifra estimativa corresponde ás 206 licenzas que o goberno local informou que están “en diferentes fases de tramitación, pendentes de resolver (sendo dúas do ano 2019, 35 de 2020, 116 de 2021 e 53 do 2022).

Os populares fixeron este cálculo tomando como base a media de gasto das intervencións autorizadas en 2021 e que foi de 226.573 €. Esta cantidade multiplicada polas 206 licenzas pendentes suma os 46.7M€.

Os populares ofreceron esta cifra na xornada na que se reúnen coa Asociación de Constructores manifestando que non hai escusas que xustifiquen a situación que se vive en Lugo coa tramitación de licenzas. Ameijide manifestou que “o concello como administración máis próxima debería ofrecer solucións e non xerar un problema a este sector que, nas últimas semanas, sufriu outro mazazo coa folga do transporte que motivou o peche de varias obras”.

O vicevoceiro popular lembrou como “o primeiro lastre do bloqueo das licenzas en Lugo é que se frean as contratacións directas relacionadas con gremios vinculados ao sector da construción (electricistas, pintores, escaiolistas); en segundo lugar, afecta ás empresas e negocios vinculados co equipamento  (tendas electrónica, mobiliario …)”. O terceiro lastre é o que repercute sobre o emprego indirecto xa que dentro dos expedientes pendentes de resolución hai casos de ampliación de empresas, novos negocios, ampliacións de naves …” concluíu Ameijide.

Por último, dende o Grupo Popular cren que para desatascar o cuello de botella das licenzas de obra se debería contratar unha asistencia técnica “que actualice e revise todo o que está pendente para que o departamento de urbanismo colla o ritmo e sexa capaz de funcionar de acordo cos prazos que marca a lei”. “Se hai concellos que son capaces de resolver as licenzas en tres meses nós non podemos ser menos”, resumiu.

Os populares tamén recriminaron “a soberbia do equipo de Lara” con respecto á nova ordenanza para as licenzas que elabora o goberno local. “Solicitamos por escrito unha copia e a súa contestación é que “manifesta extemporaneidade do solicitado”. Dende o grupo maioritario da corporación non comprendemos os motivos polos que se negan a tender pontes xa que “se queren un respaldo maioritario a unha ordenanza o lóxico é falalo antes de que a presenten”. “Está claro que o seu ego lles impide sentarse a negociar e iso vailles pasar factura” manifestou Ameijide. “Co doado que sería sentarse nunha mesa e chegar a consensos en beneficio dos veciños e veciñas de Lugo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies