Los populares desvelan que una sentencia condena al Ayuntamiento a pagar 56.600€ además de 1.219€ de intereses de demora, más las costas del procedimiento por el impago, en tiempo y forma, de 12 facturas de reparaciones y mantenimiento realizados hace dos años
O Grupo Municipal do PP alerta de que empresas lucenses víronse obrigadas a reclamar no xulgado o pago de facturas por traballos encargados e realizados ao concello. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide aclara que “esto foi o que sucedeu con 12 facturas de traballos de reparación e mantemento que fixo unha firma do municipio en maio de 2018 a quen logo non se lle pagou, en tempo e forma, os 56.106,11€ que lles adebedaba”.
A sentencia, do 12 de maio de 2020, é clara é estima que o concello ten que asumir 1.219 € en concepto de intereses de demora, así como as costas do procemento que suman 800€. Na argumentación da sentencia “o concello recoñece o retraso” pero o achaca “a ausencia de persoal por xubilacións, vacantes imprevistas, imposibilidade de contratación por razóns legais e inevitable posta ao día de novos responsables”. Antonio Ameijide aclara que “estas disculpas de mal pagador non convencen xa a ninguén, nin tan sequera aos xuices que acaban condeando ao concello”. O popular lembra que a administración tiña que aboarlle as facturas á empresa nos 30 días seguintes a súa emisión e, como non o fixo, de aí a condena. Ameijide tamén lembraba como o período medio de pago pendiente a proveedores se sitúa en 192 días de espera.
O popular reflexionaba que casos como estes son perxudiciais tanto para a empresa “poñendo en risco a súa capacidade financeira” como para o concello de Lugo “que ten que asumir intereses de demora e pago de costas xudiciais”.
Para os populares “a falta de coordinación e a mala xestión” provoca casos como o desta empresa advertindo que de non axilizar a tramitación das facturas “non será a única empresa en recurrir á xustiza”. Ameijide indicaba que hai precedentes, incluso, de firmas que se viron avocadas a pechar porque lles asfixiaban os impagos e entre os deudores estaba, tamén, o concello de Lugo”.