Antonio Ameijide explica que los propietarios de los terrenos presentaron hasta en dos ocasiones, en los años 2018 y 2020, peticiones para que el Ayuntamiento adquiriera las parcelas necesarias para completar la sortija verde de Lugo resumiendo “si no se tramita el expediente es porque no hay voluntad política de unir el Paseo del Miño con el Paseo del Rato”
O PP desvela que o bigoberno ten sobre a mesa dende hai dous anos unha petición dos propietarios das fincas da Tolda para que o concello llas expropie ou permute e que así se poida unir o Paseo do Miño co do Rato. Antonio Ameijide indicou que ata en dúas ocasións (4 de xuño de 2018 e 21 agosto de 2020) os veciños rexistraron senllas peticións solicitando que se lles comprasen os terreos para completar esta operación.
“Nós xa nos reunimos cos afectados e nos trasladaron o seu interese en vender os terreos que se necesitan para completar este anel. Así llo levan manifestando, en reiteradas ocasións, ao bigoberno sen que se lles dea ningún tipo de resposta”. Por este motivo, os populares bríndanse a intermediar nesta negociación xa que os afectados teñen en propiedade o 80% dos terreos que se necesitarían e o outro 20% do terreo desta franxa é patrimonio, na súa gran maioría, da CHMS e do Ministerio, ambas administracións gobernadas por administracións socialistas polo que non debería haber problemas nesta operación”, concluía.
“Queremos que nos expliquen as xestións que realizou o bigoberno de Lugo para comunicar estes paseos” lamentando que en vez de pechar o cinto verde de Lugo a alcaldesa prefira gastar os fondos europeos en proxectos absurdos como as charcas de auga do billa quentadas cun quentador que se van facer nas inmediacións do Miño” ou que se empeñe en crear novos chiringuitos “con fins electoralistas tamén subvencionados pola Unión Europea para publicitar a súa imaxe ecofriendly”.
“Nós o que reclamamos é a adquisición de aproximadamente 39.829m2 que, na actualidade, presentan un estado selvático para unir os paseos do Rato e do Miño, en lugar do mini proxecto que figura na memoria de Evislusa, que consiste unicamente en acondicionar un sendeiro peonil mantendo o estado selvático dos terreos”.
Ante esta situación, Antonio Ameijide recorda que en 2018 o seu grupo xa defendeu no pleno unha iniciativa, e conseguiu a súa aprobación, para realizar un plan estratéxico baseados en tres eixos fundamentais tendo ao río Miño como elemento vertebrador de espazos seguros de ocio, deporte e esparcemento.
Para isto, sinalan os populares, é preciso ampliar a zona verde coa adquisición dos terreos necesarios para completar e unir o paseo do Miño e o Rato. Un proxecto que se debería complementar, explicou Antonio Ameijide, cun plan estratéxico de mantemento e creación de sendeiros biosaudables con paneis informativos, “para o que é necesario redobrar os esforzos para manter os camiños interiores e o mobiliario do parque periurbano en perfecto estado”.
Ameijide explica que en 22 anos de gobernos socialistas non foron capaces de expropiar e acondicionar este tramo. “O PSOE recibiu como herencia do PP dous paseos perfectamente acondicionados e no caso do Paseo do Miño ao bigoberno cústalle caro mantelo e carecen da ambición e da visión de cidade para unir ambas zonas verdes”.