El Presidente local del Partido Popular Ramón Carballo invita a todos los afiliados y a los lucenses en general a respaldar esta acción en la calle convocada por colectivos de mujeres “y que nosotros apoyamos al 100%”
O Partido Popular anuncia que mañá xoves participará na concentración promovida polo colectivo Mulleres en igualdade provincial de Lugo-Buemi para reclamar a reforma da Lei de Garantía da Liberdade Sexual da que se beneficiaron, para reducir penas ou saír de prisión, uns 500 violadores e agresores sexuais.
O Partido Popular súmase ás voces da sociedade civil que reclaman a reforma desta lei que, onte mesmo, facilitou a saída de prisión (dous anos antes do previsto) do coñecido como ‘violador do portal’, un agresor sexual que actuou na zona centro e sur de Lugo en 2016.
PROPOSICIÓN PLENO
Lembrar que o Grupo Popular anunciaba onte que defenderán unha iniciativa no pleno de febreiro na que piden á alcaldesa que se poña na pel das vítimas lucenses deste agresor e apoie a reforma desta lei por ser “de sentido común que todos unamos a nosa voz para evitar que agresores sexuais vexan reducidas as súas penas porque cómpre de defender ás vítimas, non aos agresores”.