DeportesMedio AmbienteSeguridadTráfico

El PP apuesta por la bicicleta y porque Lugo se una a la red de Ciudades Amigas de la Bicicleta RCxB como se acordó años atrás la iniciativa del PP

By 2 mayo, 2020No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide señala que Lugo debe fomentar la movilidad en bicicleta ya que se trata de uno medio de transporte que garantiza los desplazamientos individuales y que permite mantener las distancias de seguridad recomendadas por las autoridades sanitarias

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, solicita ao goberno local que aproveiten a etapa na que nos atopamos para que Lugo sexa unha cidade que aposte definitivamente pola bicicleta como medio de transporte, algo para o que a cidade debe adherirse á rede de Cidades Amigas da Bicicleta RCxB.

Antonio Ameijide sinala que coa alerta sanitaria decretada polo Covid-19 as autoridades sanitarias recomendan manter certas distancias de seguridade e evitar as aglomeracións, polo que o transporte público debería de asumir unha diminución no número de viaxeiros, polo que os desprazamentos en bicicleta poden ser unha das mellores opcións.

Neste senso, o concelleiro popular recorda que Lugo segue fóra desta rede de cidades amigas da bicicleta, a pesar de que cando os concelleiros do BNG se atopaban na oposición presumían de empregar este medio de transporte e instaban ao Concello de Lugo a fomentar o seu uso. “Este bigoberno, non só non aposta polo uso da bici, senón que está a facer que se perdan usuarios. Por exemplo varios integrantes do BNG antes viñan ao concello en bici, e agora que pisan moqueta de goberno van en coche”, sinala.

Ademais, agarda que as palabras de Rubén Arroxo, nas que hai poucos días sinalaba que se fomentaría en Lugo o uso da bicicleta non caian en saco roto e “agora de verdade Lugo sexa unha cidade na que a bicicleta sexa unha alternativa real” para os desprazamentos.

Ameijide sinala que sempre é un bo momento para apostar pola implantación da bicicleta nas cidades, pero agora máis se cabe. Os desprazamentos en bicicleta preséntanse como o medio de transporte que garante os desprazamentos individuais e que permite manter as distancias de seguridade establecidas, polo que sería preciso que Lugo, ao non contar con carrís bici por toda a cidade, adaptase os denominados “carrís bicis tácticos” para que de forma inmediata e temporal e a baixo custo se poidan adaptar zonas seguras para circular en bicicleta.

Unha medida que se podería acompañar da reapertura dos servizos de préstamo de bicicletas públicas, que se acompañaría dun reforzo das medidas de limpeza e seguridade ou dunha ampliación dos aparcamentos para facilitar o depósito das bicicletas.

Neste senso, o Grupo Popular presentará preguntas en comisión para coñecer máis datos do antigo plan municipal de préstamos de bicicletas e reiterarán a proposta do PP de volver a poñer en funcionamento de xeito inminente un sistema de préstamo de bicis, nas que se inclúan tamén bicis eléctricas, e bases no entorno dos parques fluviais do Miño e do Rato.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies