SeguridadServicios socialestransparencia

El PP asegura que la saturación de los servicios sociales frena la tramitación de las noticias 10.000 horas de dependencia extraordinarias y gratuitas

By 28 abril, 2020No Comments

Los populares reclaman un refuerzo inmediato de personal en este departamento ya que se prevé que “en las próximas semanas a presión asistencial se incremente a consecuencia de la crisis del coronavirus”

O Partido Popular pide explicacións sobre o uso que está facendo o goberno local das 10.027 horas de dependencia que a Xunta de Galicia vén de concederlle ao municipio para afrontar situacións urxentes froito do estado de alarma e emerxencia sanitaria. Estamos falando de persoas afectadas, por exemplo, se lles pecharon o centro de día, ou que a coidadora habitual enfermou, persoas que viven soas ou que precisan que se lles leve a compra …

A concelleira popular María del Carmen López Silva afirma que “este tempo extraordinario que oferta a administración autonómica é a maiores das horas de dependencia que o concello xa dispoñía”. A edil popular tamén quere que se aclare cantos usuarios se benefician destas novas horas de dependencia xa que teme que “pola saturación na que se atopan os Servizos Sociais Municipais queden sen gastar por falta de tramitación xa que non se están dando veces a usuarios que non sexan emerxencias sociais”.

A concelleira popular propón reforzar “de forma inminente este departamento” en previsión da demanda que virá dentro dunhas semanas.  López Silva reflexionaba “se arestora xa teñen o servizo baixo mínimos, e o persoal que hai está sobrepasado polo traballo, porque hai tres baixas de traballadoras, non nos podemos imaxinar como van a afrontar as peticións que cheguen nas vindeiras semanas ou meses”.

O concello de Lugo ten na actualidade asignadas 15.482 horas para o SAF ordinario e a Xunta incrementou en 10.027 horas o SAF extraordinario para facer fronte ao coronavirus. Estamos a falar dun  servizo que é gratuíto e que o usuario ten que solicitar a través de Servizos Sociais. 

Por último, a popular instou á responsable de servicios sociais “a dotar de medios necesarios de protección  ao persoal deste departamento” e lle lembrou que “tome as medidas oportunas para evitar que segan colapsándose as citas que se están aprazando xa que, logo, se vai xuntar todo o traballo pendente co novo, que se prevé sexa unha avalancha”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies