El Partido Popular asegura que “la cronología de 20 años de tramitación del PGOM de Lugo es la historia de interminables retrasos, bloqueos, victimismo y falta de proyecto de ciudad de los sucesivos gobiernos socialistas y nacionalistas
O Partido Popular considera que “o anuncio de que se vai aprobar, nos próximos meses, o 5% do PXOM provoca entre a veciñanza unha sensación agridoce”. Ramón Carballo razoaba “por un lado é unha boa nova que, por fin, se finiquite este documento logo de 20 anos de trámites interminables pero, por outro lado, non podemos felicitarnos porque chega moi tarde”. O popular lembraba que “pasaron ata seis concelleiros responsables de urbanismo socialistas que preferiron pasar responsabilidades a outras administracións antes que resolver a tramitación que faltaba”.
Para os populares “a cronoloxía do PXOM de Lugo é a historia de sucesivos gobernos irresponsables, que non souberon priorizar e que perderon oportunidades” matizando que “os socialistas deixaron na cuneta a moitos veciños que querían edificar unha vivenda na súa parcela e que non puideron porque non estaba o 5% aprobado”.
O voceiro popular agarda que “esta nova non se quede en boas intencións” e pide “autocrítica” ao goberno local logo de que “por mor da ineficiacia dos sucesivos gobernos socialistas se paralizara, durante anos, o desenvolvemento de centos de núcleos do rural afectados polo 5% pendente”. Carballo explicou que se cumpren “dez anos dende a orde da CMATI que suspendeu o 5% do PXOM como consecuencia de diferentes erros na documentación xa que faltaba incorporar estudos hidrolóxicos e hidráulicos de varios leitos así como grafar o tramo alto do rio Rato” polo que afirma que “non tiveron excusas para non telo resolto antes”.
Para Carballo “neste momento deberíamos estar falando da actualización do Pepri ou do Peprim así como do desenvolvemento de zonas como o entorno do Hula”.