El portavoz popular Antonio Ameijide afirma que “hay que buscar las alternativas para ordenar la CS-5 que conxuguen la mayor zona verde posible para recuperar las vistas así como el mínimo impacto ecónomico para evitar hipotecar las futuras generaciones de lucenses”
O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide valorou a proposición conxunta dos grupos da oposición para que se estuden diferentes alternativas para ordenar o entorno do Garañón. “A soberbia da alcaldesa provoca que reaccionemos e que, dende a oposición, sexamos capaces de consensuar unha iniciativa de pleno para poñer un pouco de cordura nesta cerimonia de improvisación que protagoniza a alcaldesa”.
“Esta alcaldesa é unha auténtica especialista en lograr consensos en contra da súa xestión” manifestou Ameijide “parece que o inusual no concello de Lugo se converte en habitual”.
O popular tamén insistiu en que “é un atrevemento que de forma unilateral, sen buscar ningún tipo de consenso, Méndez intente zanxar un dos asuntos urbanísticos máis polémicos e lesivos para os lucenses”.
Nós dende o primeiro momento fomos claros e contundentes “zona verde si, pero con estudos e avais técnicos e sen hipotecar ás futuras xeracións de lucenses por unha mala decisión e unha licenza ilegal expedida por un goberno socialista”. O popular engadiu que “se as repercusións ambientais son importantes tamén o son as repercusións económicas que poden lastrar as contas municipais dos vindeiros anos”.
Este posicionamento do Partido Popular é coherente cos argumentos que dende o primeiro momento esgrimiu o Grupo Municipal que foi o primeiro, no ano 2005, en presentar alegacións e advertir da pantalla de formigón que os socialistas querían levantar nas costas do parque a conta dun convenio asinado polos padriños políticos de Méndez.
O PP avogou, no seu momento, porque se fixera unha edificación aterrazada pero o PSOE escolleu a altenativa máis lesiva para os lucenses e deu o visto bo á construción de 6 torres de 9 plantas. O problema non foi o Plan Xeral o problema foi como e onde acordaron co promotor facer as torrres.
“A única realidade da operación de marketing político da alcaldesa e deste farol mediático de Lara Méndez é que terminará o mandato e as torres do Garañón seguirán no mesmo lugar”, concluiu Ameijide. “Podo afirmar sen medo a equivocarme que a alcaldesa acabará o seu mandato sen quitar nin o primeiro ladrillo das torres”.