El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que numerosos particulares mostraron su malestar por no poder realizar diferentes proyectos de obra en Lugo ya que el Gabinete de Tráfico tampoco tiene jefe trala jubilación del mismo, por lo que no hay quien firme los permisos de ocupación de vía pública, un documento imprescindible para poder realizar las obras
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia que o “descontrol” que creou Lara Méndez no seo da Policía Local bloquea o avance da cidade, xa que ou non se realizan obras ou se atopan paralizadas ante a falta dos permisos correspondentes.
Antonio Ameijide explica que numerosos particulares amosaron xa o seu malestar por non poder realizar as obras para as que solicitaron permiso porque debido ao problema xerado por Lara Méndez na Policía Local, desde o gabinete de tráfico non se resolven as solicitudes de ocupación de vía, ao non ter este departamento un responsable por mor da xubilación do último xefe.
Isto o que provoca é que as obras non se poidan realizar conforme á normativa vixente xa que a lei establece que “no caso de que a reserva autorizada se realice nunha zona destinada á circulación rodada, haberán de estar en posesión do preceptivo informe emitido polo Gabinete de Tráfico da Policía Local”, algo que non sucede na actualidade por mor da “alarmante” falta de efectivos neste corpo.
Por iso, moitas obras que proceden da iniciativa privada “víronse paralizadas” ao non ter o permiso de ocupación de vía pública, pero tamén afecta ás obras do propio Concello e as administracións públicas teñen que realizar, como pode ser o caso das fugas de auga na Avenida da Coruña. “Ningún dos contratistas, xa sexan privados ou públicos, levan adiante os seus proxectos porque se expoñen a sancións”, afirmou o popular.
O voceiro popular explica que xa tivemos coñecemento de varios casos de sancións a particulares por carecer do permiso de ocupación, a pesar de que a licenza de obra e o permiso de ocupación de vía concedidos polo goberno municipal recoñecían a necesidade e o dereito de ocupar a vía. Nalgúns casos dan un prazo de ocupación de vía pública de 90 días, pero deteñen a obra ao non ter o informe e autorización do Gabinete de Tráfico, polo que ao cumprirse ese prazo os interesados teñen que solicitar de novo o permiso ao Concello.
Antonio Ameijide culpa a Lara Méndez desta situación, xa que o “descontrol” que creou na Policía Local durante os últimos anos, situación que se agravou nas últimas semanas, “está a paralizar o avance da cidade”.