El PP alarmado porque el PSOE recompensa a políticos socialistas que actuaron de forma negligente con puestos de funcionarios en la Diputación en alusión a que “cuatro días después de publicar un decreto de que se iniciaba el proceso para dirimir responsabilidades del fiasco de la Fábrica de la Luz se produce la toma de posesión del exconcejal Daniel Piñeiro
Los populares desmienten al gobierno local que justifica su negativa asegurando que ya están procediendo “de oficio” a iniciar el expediente para asumir la responsabilidad patrimonial a quién corresponda del destrozo en la Fábrica de la luz. Ameijide insiste en que “este paso se dio única y exclusivamente porque hay un acuerdo de pleno de junio de 2020 propiciado la instancias del PP”.
Co último auto xudicial, de data 27 de abril de 2022, no que se obriga ao Concello de Lugo ao abono de 95.400€, e dando con este importe por totalizada a indemnización das actuacións sobre a Fábrica da Luz levadas a cabo por este Goberno, nun custo total de 2.434.332,16€, o Grupo Municipal do Partido Popular retoma a esixencia de que se asuman as responsabilidades oportunas polas accións levadas a cabo neste asunto.
O artigo 36.3 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público esixe imperativamente a instrución dun procedemento de responsabilidade patrimonial fronte aos responsables polos danos e prexuízos causados nos seus bens ou dereitos cando concorrese dolo, ou culpa ou neglixencia graves. Conforme á Disposición Final Décimocuarta o artigo 36 ten carácter básico pois se dita ao amparo do disposto no artigo 149.1.18 da nosa Carta Magna e resulta de aplicación á Administración Local.
O 19 de xuño de 2020 e á vista da proposta presentada polo grupo municipal do Partido Popular, o Pleno da Corporación decidiu por unanimidade o inicio dos trámites previstos nos artigos 36 e 37 da Lei 40/2015, do Réxime Xurídico e na Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas para esixir de oficio as responsabilidades das “autoridades públicas” no relativo ao procedemento da Fábrica da Luz.
De acordo co artigo 39 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas os actos das Administracións Públicas suxeitos ao dereito Administrativo presumiranse válidos e producirán efectos dende a data en que se diten, salvo que neles dispóñase outra cousa.
A data de hoxe, non consta que se iniciaran os trámites ordenados polo Pleno da Corporación, máis aló da comparecencia da Sra. Alcaldesa ante o Pleno do 25 de xuño de 2020 a instancia do grupo municipal do Partido Popular, comparecencia que tampouco lanzou ningunha luz ao efecto.
Resulta obrigado, por conseguinte, impulsar o procedemento en orde a determinar a concorrencia de actuación dolosa ou neglixente da Alcaldesa e do Concelleiro de Medioambiente ao permitir a caducidade da concesión de augas outorgada ao Concello pola Confederación Hidrográfica do Miño Sil (CHMS) para a rehabilitación da minicentral hidráulica e a súa posterior explotación, provocando con iso a resolución do contrato do 3 de agosto de 2017 subscrito con INCA SERVIZOS E PROXECTOS DE INGENERÍA CIVIL, S.A (INCA) para a redacción de proxecto, execución das obras de recuperación, concesión de explotación e mantemento da minicentral, e uns cuantiosos danos e perxuízos que foron recoñecidos xudicialmente a favor da empresa e que a Xunta de Goberno plasmou no acordo transaccional subscrito coa empresa en febreiro de 2021. A necesidade de determinar se concorreu dolo ou imprudencia nas autoridades intervintes despréndese da propia sentenza firme do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Lugo do 25 de maio de 2020, que incide no seu Fundamento de Dereito Terceiro no inxustificable actuar do Concello de Lugo ao non pedir a prórroga cando correspondía, afirmando que “sabía perfectamente y con antelación más que suficiente… ha sido determinante el hecho de no pedir la prórroga de la concesión… el único culpable de la frustración ha sido el Ayuntamiento… resulta completamente incomprensible que el Concello de Lugo no contestara a los múltiples requerimientos que le efectuó la empresa para acceder al edificio… No es razonable que la Administración permanezca pasivas…no puede afirmarse que el Ayuntamiento haya actuad de una forma diligente… ha incurrido en unas demoras excesivas y no ha prestado la suficiente atención a un asunto de tal capital importancia como era este contrato de ejecución de la denominada “fábrica de la luz”.
O acordo plenario de inicio de tramitación do expediente conleva que os distintos departamentos teñan que tramitar o asunto, debendo de nomearse instrutor e secretario. De acordo co disposto no artigo 36.4 da 40/2015, o procedemento notificarase aos interesados e constará, polo menos, dos seguintes trámites:
- a) Alegacións durante un prazo de quince días.
b) Práctica das probas admitidas e calquera outras que o órgano competente estime oportunas durante un prazo de quince días.
c) Audiencia durante un prazo de dez días. - d) Formulación da proposta de resolución nun prazo de cinco días a contar desde a finalización do trámite de audiencia.
- e) Resolución polo órgano competente no prazo de cinco días.
Por todo iso, proponse ao Pleno do Concello a presente PROPOSICIÓN para que se acorde:
Dar cumprimento inmediato ao acordo plenario de xuño de 2020, nomeando instrutor e secretario, e impulsando o procedemento polos trámites legalmente establecidos referidos no corpo do presente escrito.