Economíatransparencia

El PP asegura que los presupuestos de Méndez y Arroxo para 2023 endeudarán a los lucenses al disparar los gastos muy por encima de los ingresos

By 13 diciembre, 2022No Comments

Antonio Ameijide explica que el propio interventor municipal advierte de una posible subida de impuestos y tasas municipales como en la basura, alcantarillas, agua y depuración por estar descompensados los ingresos con respeto al coste real del servicio

  • Dende o PP piden á rexedora que deixe de mentir cando fala de conxelar impostos e taxas municipais con estes orzamentos xa que estas figuras regúlanse nas ordenanzas fiscais que e, na realidade, soben as que aprobaron hai dous meses como, por exemplo, a que multiplica por 4 as taxas por ocupación de vía pública
  • Antonio Ameijide acusa a Lara Méndez de “querer enganar aos lucenses” mesturando conceptos financeiros para tentar tapar a suba de impostos e taxas pero non o vai a conseguir xa que os lucenses decataranse desta suba en canto cheguen os primeiros recibos do ano
  • No PP acusan a Lara Méndez e Rubén Arroxo de “endebedar deliberadamente” aos lucenses para facer a súa campaña persoal xa que o goberno local pretende aprobar un “orzamento descompensado” no que se gasta máis do que se ingresa aproveitando a supresión da regra de gasto trala pandemia covid
  • Os populares non entenden como Lara Méndez fala con tranquilidade de que pedir un crédito de 11.775.000€ “é algo moderado” cando na realidade falamos de que está a solicitar un crédito que supón máis do 10% do orzamento total
  • Desde o PP desvelan que o informe do interventor pon sobre a mesa a posible intención do goberno de Lara Méndez e Rubén Arroxo pretende subir o recibo do lixo, comezar a cobrar esta taxa ás comunidades de veciños e comezar a cobralo tamén nas parroquias do rural onde a recollida do lixo é deficitaria ou inexistente
  • Os populares critican a total ausencia de fondos para proxectos fundamentais como a demolición do Garañón, nin para a posta en marcha do auditorio de Magoi, nin para o novo pavillón, nin para a praia fluvial ou para a apertura do edificio Impulso Verde, nunha mostra máis de que “non saben a que dedicar esta infraestrutura”
  • No Grupo Municipal Popular pregunta a Lara Méndez de que partidas vai a quitar cartos para facer fronte aos 13.749.442€ que custará o contrato do lixo en 2023, un servizo deficitario ao ter previsto ingresar polo recibo 7.281.000€ cando na realidade só ingresaron en 2021 4.880.000€
  • Ameijide desvela que si que figuran nos orzamentos 658.683€ para a cafetería da Fábrica da Luz, o proxecto estrela de Lara Méndez e que non se entende ao ver pechada a cafetería do Vello Cárcere e como ninguén quere optar á licitación da que hai no parque Rosalía de Castro, unha cafetería que terá un custo total real de 3.1M€ (xa que hai que sumar os 2.4M€ de indemnización xa pagada)
  • No PP lamentan o nulo peso que teñen as parroquias do rural neste orzamento ás que so destinan 268.000€ de investimentos (menos do 2% do total do orzamento) o que supón renunciar a saneamento e abastecemento mentres que na partida de gastos unicamente se prevén 195.000€ para mantemento, polo que as pistas seguirán nun pésimo estado de conservación
  • Ameijide denuncia que “nótase que Lara Méndez e Rubén Arroxo están quentando para as municipais de 2023 xa que esquecen deliberadamente inversións fundamentais e consignan outras para maquillar como 130.000€ para bancos”
  • Neste senso, tamén se nota que non haberá Arde Lucus nin San Froilán antes das eleccións e ambas celebracións ven reducida a súa consignación orzamentaria a 280.000€ (en 2022 tiña 350.000€) e 725.000€ (en 2022 tiña 1.085.000€) respectivamente
  • Os populares lamentan a falta de proxectos de calado neste borrador de orzamentos e, os poucos que hai, están vinculados a préstamos e a fondos europeos “polo que moito nos tememos” que ningún será realidade
  • No PP critican a nula previsión de gasto de Méndez e Arroxo que seguen negándose a licitar un contrato para xestionar o gasto eléctrico do Concello de Lugo que, en 2023, disparará a súa factura xa que dos 4.936.000€ previstos para electricidade para tratar auga para abastecemento e depuración, iluminación pública urbana e para a casa do concello e do seminario, pasarase a 10.228.349€
  • Ameijide sinala que case todas dependencias municipais ven reducidas as partidas dispoñibles para gastos como vías públicas urbanas que, desde o ano 2021, viu reducida a súa partida de gastos en 1.300.000€ ou os gastos de emerxencia social que se conxelan a pesar de que hai máis lucenses en risco de pobreza e que se dispararon os gastos do día a día
  • Os populares critican a Lara Méndez por seguir a gastar máis na difusión da súa imaxe (205.000€) que o que destina en publicidade e propaganda á promoción de Lugo como destino turístico (10.000€ en 2023)
  • No PP lamentan que non se destinen partidas concretas para solucionar as graves deficiencias detectadas na escola infantil municipal Gregorio Sanz, á que so destinan 6.000€ en gastos diversos, ou para arranxar as numerosas deficiencias que hai nos museos municipais

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies