Los concejales populares estuvieron con numerosos vecinos de Teixeiro que les mostraron diferentes pistas de la parroquia, todas en un estado lamentable, e incluso circularon por la que consideran “la peor pista que venimos en muchos años”
O abandono ao que o goberno local de Lugo somete ás parroquias do rural ten un dos seus mellores exemplos en Teixeiro, onde os veciños amosaron aos concelleiros populares “seguramente a pista en peor estado de todo o Concello de Lugo”, pola que tiveron dificultades para poder pasar nun vehículo todo terreo.
Esta pista une Teixeiro con Outeiro de Rei, unha pista que antes era moi empregada polos veciños de ambas localidades, pero que agora optan por realizar outros traxectos, de maior distancia, para evitar as molestias que ocasiona circular por esta pista. “Nesta pista vese claramente a diferencia entre dous modelos de xestión. A parte que pertence ao Concello de Lugo está totalmente desfeita, mentres que a parte de Outeiro de Rei está perfectamente asfaltada en quente”, explican os populares.
Os concelleiros populares fan esta afirmación despois de percorrer xunto aos veciños da parroquia varias pistas, “todas nun estado deplorable” e moitas delas dando servizo aos diferentes núcleos de vivendas que hai na parroquia, pese “ás enormes dificultades” que teñen os veciños para chegar as súas casas por estas pistas e camiños.
Os concelleiros populares tiveron ocasión de falar cos veciños da zona e quedaron asombrados cando un dos veciños lles asegurou que “pensou seriamente a posibilidade de vender a súa vivenda farto das dificultades para chegar á mesma”. “Se unha persoa pensa vender a súa vivenda fala ás claras do abandono ao que o Concello de Lugo leva sometendo a estes veciños durante os últimos anos”, afirman.
Dende o Grupo Municipal Popular se pedirá ao goberno local que se arranxen todas as pistas da parroquia. Os populares tamén fan referencia a varias pistas forestais que son empregadas habitualmente polos veciños e que non se atopan en bo estado, polo que tamén pedirán o seu arranxo xa que serven de acceso a diferentes parecelas e núcleos de vivendas.