Ramón Carballo considera que la reacción del gobierno local de llevar a la fiscalía “unha posible filtración nuns exames da policía local” evidencia los problemas de gestión de persoal de este ayuntamiento. “O feito de que este asunto esté baixo a lupa dos tribunais non nos colle por sorpresa xa que nos últimos tempos son moitos os casos que acaban xudicializándose e os responsables municipais intentan lavarse as mans”.
O popular asegura que “cousa que tocan os responsables políticos de persoal, cousa que acaba no xulgado” matizando que “en Lugo é xa un mal endémico a sucesión de casos relacionados co persoal que acaban nos xulgados”.
Para Carballo este tipo de situacións son perxudicias non só porque desprestixian a imaxe da institución senón porque tamén retrasa as novas incorporacións do cadro de mando da policía local o que repercutirá na prestación final do servizo. Os populares insisten en que “neste momento é máis necesario que nunca contar con efectivos policiais na rúa para atallar problemáticas de seguridade e convivencia”.
A terceira consecuencia é a dos gastos que supoñen estas accións sobre todo tendo en conta o sin fin de sentenzas desfavorables. Unha da máis sonadas foi a que obrigaba a reincorporar á xefa de persoal a quen cesaron de forma fulminante culpándoa das neglixencias en materia de persoal levadas a cabo nos 20 anos de gobernos socialistas.O popular lembrou como “a xuiza que levou o caso considerou que os motivos alegados polo goberno local para apartar a esta funcionaria do seu cargo só eran valoración subxectivas”.