EconomíaTráfico

El PP atribuye a un “nombramiento chapuza” que el Ayuntamiento pueda tener que devolver 1,6 millones de euros

By 4 noviembre, 2016No Comments

 Jaime Castiñeira insta a la alcaldesa a “tomar medidas urgentes” para sustituir “inmediatamente” al responsable de la tramitación de sanciones de la Policía Local “que, al no tener la categoría legalmente exigida, podría llevar a que fuesen declarados nulos todos los expedientes desde el 7 de marzo de 2016”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, afirma que “se o Concello de Lugo está exposto a ter que devolver como mínimo 1,6 millóns de euros, é por un nomeamento chapuza da alcaldesa” do responsable de tramitación de sancións da Policía Local.

Nesa liña, Castiñeira insta á alcaldesa a “adoptar medidas urxentes” para evitar que “os 1,6 millóns de euros que a día de hoxe estean no aire continúen medrando e disparándose”, en referencia a media de recadación polas sancións de tráfico dos oito meses que transcorreron dende ese nomeamento (provisionalmente o 7 de marzo de 2016 e definitivo ao longo do verán). “Os antecedentes demostran que hai moitísimas posibilidades de que o recurso do sindicato prospere e, dese xeito, que acabe anulándose todos os procesos de instrución nos que participou esta persoa”, explica o voceiro popular, quen puntualiza que “non dubidamos, nin moito menos, da súa capacidade para asumir o posto, pero o certo é que non conta coa titulación requerida (grupo A1 ou A2) para poder desempeñar legalmente estas funcións”.

A ese respecto, Castiñeira insiste en que “esta decisión foi tomada directamente pola alcaldesa, que é ademais quen ten competencias sobre a materia”, polo que deberá explicar “se o fixo amparándose en informes técnicos ou se foi outro capricho seu máis”. Deste xeito, o voceiro popular anuncia que vén de pedir acceso “a todos os informes nos que se baseou e amparou este nomeamento, se é que existen”, así como quen os asinaron e en que sentido foron. “Non vaia ser que resulte que non hai informes ou que o que din os informes é o contrario do que fixo a alcaldesa”, advirte.

O popular, que non dubida en cualificar o asunto de “moi grave”, expón que “nesta cuestión combínanse tres situacións que vimos denunciando reiteradamente ao longo dos últimos anos: o excesivo afán recadatorio dos gobernos socialistas, os continuos cuestionamentos xudiciais que provoca a política de persoal Orozco-Liñares-Méndez e o partidismo e amiguismo na xestión do persoal municipal. “E mentres, quen sufrimos as consecuencias somos os lugueses, porque, só con ese 1,6 millóns de euros que temos en risco, poderiamos disfrutar do dobre do que custa o desdobramento integral, acondicimento e iluminación de Duquesa de Lugo”, incide.

Por último, Castiñeira informa de que aqueles que pagaran unha multa nos últimos meses ou os que o fagan nas próximas semanas ou meses, se gardan o xustificante bancario de ter realizado o abono “é moi probable que acaben recuperando o seu diñeiro”. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies