EconomíaTurismoUrbanismo

El PP califica de “fracaso” el vivero municipal de empresas de A Tinería

By 17 noviembre, 2022No Comments

El PP califica de fracaso el vivero de empresas de la Tinería que impulsó el concello en este barrio frente a la valoración del gobierno local que lo considera un “éxito”.  La concejala del PP Mar Carballas afirma que “o ecosistema de emprendedores, que a alcaldesa prometeu como un revulsivo non callou” engadindo que “é preocupante que fagan unha valoración positiva cando a 3 dos locais ofertados botaron a reixa neste ano”.

A afirmación da popular xustifícase cos datos de ocupación dos locais que Lara Mendez alugou á Xunta na Tinería polos que estamos pagando  15.161,16 euros anuais (sen IVE) en concepto de aluguer “dos  9 locais que se ofertaron  hai, neste momento, 6 abertos”. O pasado 22 de marzo presentouse a renuncia do local da rúa do Miño 26 porque argumentan que hai restos arqueolóxicos que impiden a rehabilitación. O 29 de setembro notifícase a segunda renuncia dunha empresa tecnolóxica que argumenta que precisa dun local de maiores dimensións; e o día 7 de novembro rexístrase outra nova petición de renuncia doutro local en Rinconada do Miño por non estar interesado o emprendedor. Todo apunta a que antes de que remate o ano podería haber unha cuarta renuncia.

Para os populares “era visto que este proxecto non ía sair ben” manifestando que “pese a que de entrada podía ser unha idea positiva para a dinamización do barrio, unha vez máis o goberno de Lara Méndez presentou unhas bases fóra da realidade”. O PP xa o dixo no seu momento e acusáronnos de agoreiros pero, desgrazadamente o tempo deunos a razón, concluía Carballas.

Hai que lembrar que cando se ofreceron estos locais o goberno local estableceu que as persoas ou entidades adxudicatarias tiñan que acondicionar os locais algo que suponía, de entrada un gran desembolso que algúns non podían afrontar”. “Outra condición “sorprendente” é que segundo as bases “aos catro anos tiñan que abandonar os locais, porque non se ofrece a posibilidade de prórroga”.

Das preguntas formuladas hoxe queda no aire se o Concello  vai prorrogar os contratos as actuais firmas do Viveiro xa que o único que confirmaron é que estaban preparando unha nova proposta de requisitos para adxudicalas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies