Infraestructuras

El PP confía que tras el cambio de criterio del BNG, apoye en el pleno la reestructuración integral del carril bici

By 19 abril, 2023No Comments

Ramón Carballo acusa al BNG “de poner por la mañana la camiseta del gobierno y por la tarde la camiseta de la oposición para decir que el proyecto del carril bici no les gusta” en alusión al cambio de criterio de los nacionalistas sobre esta dotación recordándoles que “su voto fue decisivo para construir esta infraestructura”

Os concelleiros do Grupo municipal do PP, ao igual que a veciñanza, seguen a reclamar unha modificación do carril bici para facelo seguro e para minorar todos os prexuízos creados aos lucenses, como a eliminación de centos de prazas de estacionamento e as dificultades para a mobilidade.

Ramón Carballo explica que se defenderá unha nova iniciativa no pleno “como levamos facendo todos estes anos, pese a que PSOE e BNG sempre se negaron a ter en conta esta reclamación” a pesar de que agora, “pola proximidade das eleccións e para tentar rabuñar uns votos” Rubén Arroxo afirma que o carril bici é un problema.

O Grupo Municipal do Partido Popular está a favor de cantas iniciativas se poñan en marcha para fomentar o uso da bicicleta, pero teñen que ser “decisións meditadas para que non creen problemas de xeito gratuíto e se convertan en meras iniciativas cosméticas”.

Explica o voceiro popular que “agora que Rubén Arroxo decidiu quitar a careta e posicionarse en contra do carril bici e ante as importantes molestias que se están a causar aos veciños agardamos que apoien esta proposta” para buscar un trazado alternativo para paliar, na medida do posible, todos os problemas.

Cómpre recordar que en algunhas zonas nas que, pola tipoloxía dos edificios, moitos deles non teñen garaxes, a posta en marcha dun carril bici supón un enorme prexuízo para os veciños e tamén para os negocios alí ubicados, sendo esta unha realidade perfectamente previsible “pero a improvisación do equipo de goberno e a ausencia previa de consulta á veciñanza xerou unha situación complicada en varias zonas da cidade”.

Non se pode alegar que se trata simplemente da reticencia aos cambios de parte da veciñanza, hai erros que son evidentes, polo que é preciso rectificalos.

Pero ademais da eliminación de centos de prazas de estacionamento e  a falta de alternativas ao aparcamento a ubicación do carril bici é perigosa nalgunhas zonas para os usuarios do mesmo e mesmo para peóns e conductores.

Se pretendemos unha convivencia harmónica entre os peóns, os ciclistas e os conductores; é clave que a implantación desde tipo de medidas se fagan co máximo consenso posible evitando xerar danos aos barrios onde se instala, doutro xeito xerará recelos que farán que fracase.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies