Infraestructuras

El PP confirma la “chapuza” de Lara Méndez en el centro Paco Martín al tener que invertir 160.000€ extra para la instalación de internet

By 31 enero, 2023No Comments

Los concejales populares confirmaron en comisión que el centro carece de conexión a internet y que los trabajos para instalar la fibra óptica en este edificio tendrán un coste de 158.607,57€

O centro interxeracional Paco Martín non ten conexión a internet. Así o confirman os concelleiros populares despois de que o goberno local o certificase en comisión á preguntas do PP. E solucionar esta carencia custará a todos os lucenses 158.607,57€ (16.108,52€ para conectar o edificio á rede de fibra óptica; 11.899,70€ para adquirir electrónica de rede e 130.599,35€ para instalar puntos wifi no edificio), que haberá que engadir a factura de máis dun millón de € que ten este edificio.

Os concelleiros populares amósanse moi críticos coa xestión de Lara Méndez que, en setembro, inaugurou o centro “ás présas” sendo coñecedora das súas carencias. O certo é que “non se pode entender como un edificio no que se pretende que haxa un espazo para que os mozos poidan xuntarse para facer traballos do colexio careza de conexión a internet”.

Tanto os concelleiros populares como os veciños da Piringalla teñen a sensación de que o goberno de Lara Méndez abriu o edificio “por cumprir” xa que “non ten contidos nin lle dan vida”. “Nótase que Lara Méndez non ten proxecto de cidade é este edificio é un dos símbolos de máis de dúas décadas de despilfarro e incapacidade de xestión”, afirman.

O centro interxeracional Paco Martín confirma “a chapuza” de Lara Méndez e os anteriores gobernos socialistas e nacionalistas nesta infraestrutura da Piringalla. Cómpre recordar que esta obra comezou no ano 2010, tendo como idea orixinal unha biblioteca para o barrio.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies