Desde el Grupo Municipal del Partido Popular aseguramos que “el termómetro de la Comisión de Queijas e Sugerencias es muy revelador ya que son numerosas las quejas de los vecinos en todo lo referente al transporte urbano”
O Grupo Municipal do Partido Popular asegura que “os veciños confirman as queixas remitidas dende o noso grupo no relacionado co transporte urbano. Nas queixas remitidas á Comisión de Queixas e Suxestións confírmase que os veciños non están de acordo co actual deseño das liñas de transporte urbano e tampouco co novo deseño que se quere implantar”.
Como xa denunciamos dende o Grupo Municipal do Partido Popular “non se pode deixar sen servizo a parroquias do rural como Muxa, que queda sen servizo de transporte urbano. Pero os veciños tamén denuncian que co novo deseño moitos rapaces terán dificultades para chegar aos centros escolares a tempo de comezar as clases xa que verán reducidades as frecuencias de paso e tamén as liñas que pasan polas súas paradas”.
Dende o Grupo Municipal do Partido Popular vémonos na obriga de denunciar unha vez máis a “pouca sensibilidade do goberno local cun tema tan importante para a cidadanía como é a movilidade en transporte público, algo de vital importancia para moitos cidadáns que ven no novo deseño unha barreira máis para moverse con liberdade pola cidade. Por iso pedimos ao equipo de goberno que teña en conta as suxestións da oposición e tamén dos propios veciños da cidade”.
Cheques material escolar
Como xa denunciamos dende o Grupo Municipal do Partido Popular “o equipo de goberno segue sen pagar os cheques de material escolar do curso 2016. Á comisión de queixas chegou unha reclamación dun libreiro que agarda dende novembro do ano pasado a que o equipo de goberno ingrese as cantidades correspondentes aos vales de material escolar. Consideramos este extremo como unha falta grave de respeto hacia os empresarios do sector polo que pedimos ao goberno que execute os pagos pendentes neste eido”.