Cultura

El PP consigue casi 3.000 firmas en una campaña exprés de seis días para reclamar la apertura del auditorio de Magoi

By 7 febrero, 2022No Comments

Los populares solicitaron una reunión en persona con la alcaldesa y con el vicealcalde “para poner a disposición los apoyos recibidos y pedirle a PSOE y BNG una respuesta clara sobre el plazo de apertura de esta dotación cultural cuya obra finalizó hace cinco años”

O PP solicitou hoxe unha reunión en persoa coa alcaldesa e co vicealcalde “para poñer a disposición os apoios que recolleron nunha campaña express, desenvolta durante a última semana, para pedir a apertura do novo auditorio de Magoi”.

O voceiro popular Ramón Carballo acompañado polos concelleiros do Grupo Popular explicou que “estamos satisfeitos pola resposta dos lucenses que apoiaron sen fisuras esta reclamación”. “Estas 2.875 sinaturas son unha proba real de que os cidadáns están fartos das escusas da alcaldesa, que é a propietaria xunto co seu vicealcalde o nacionalista Rubén Arroxo do novo Auditorio de Magoi” lembrando que “está nas súas mans dende hai un ano e oito meses esta dotación cultural”.

Os populares agradecen aos cidadáns o apoio recibido e explican que “agora o bigoberno de Lugo ten que responder aos miles de lucenses que deron respaldo esta acción popular”. Carballo explica que “tanto se calan coma se poñen novas escusas sería unha falta de respeto a todos os que firmaron esta petición pública”.

Carballo anuncia que o Grupo Popular seguirá loitando para que se abra esta infraestructura “que leva construída e equipada dende hai 5 anos e que é propiedade do Concello de Lugo dende hai un ano e oito meses”. Nese senso anunciou que pedirán que se sume a esta iniciativa as entidades veciñais, sociais, empresariais de Lugo porque entenden que se “somos capaces de ofertar unha programación de nivel suporá un revulsivo para a economía local e provincial”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies