Infraestructuras

El PP obtiene el apoyo del Pleno para que Lugo sea sede de la Agencia Estatal de Salud

By 27 octubre, 2022No Comments

El pueblo popular valora el apoyo mayoritario de la corporación (Ciudadanos se abstuvo) a la propuesta de que Lugo albergue la Agencia Estatal de Salud Pública ya que el municipio de Lugo es un lugar estratégico dado que en nuestro municipio contamos con el Laboratorio Central de Salud Pública de Galicia.

No mes de agosto o Ministerio de sanidade publicaba o anteproxecto de lei polo que se crea a ‘Agencia Estatal de Salud Pública’ coa finalidade de prestar unha atención integral á saúde.

Tras unha pandemia sen precedentes, faise preciso poñer en marcha medidas para apoiar a recuperación sanitaria e impulsar un proceso de transformación estrutural que permita unha atención integral á saúde. Para isto establécese a necesidade de configurar un organismo público que preste asesoramento para o deseño de intervencións, a avaliación do impacto e a redución de inequidades na saúde.

Neste contexto, no que se recoñece a existencia dunha necesidade, nace a figura da ‘Agencia Estatal de Salud Pública’. Unha figura que tal como recolle a exposición de motivos do Real Decreto que regula o procedemento de elección de sedes para as novas axencias, tomará en consideración factores como a tendencia demográfica, algo que fai da nosa provincia e da nosa comunidade unha firme candidata a albergar estas instalacións. Se a isto se lle suma que a Xunta de Galicia xa ten na cidade de Lugo o Laboratorio Central de Saúde Pública, que a día de hoxe é un referente a nivel nacional no eido da seguridade alimentaria e da sanidade ambiental, podemos afirmar que Lugo conta con valores moi notables para conquerir o obxectivo que se plantea.

Esta iniciativa nunha cidade como Lugo e nunha Comunidade como Galicia, serviría para consolidar un proxecto que conta cunha larga e profunda tradición en todo o relacionado co campo da sanidade, ao mesmo tempo que supón unha dotación máis que permite impulsar socioeconómicamente a cidade.

Como centro neurálxico en materia sanitaria para España e co apoio dos diferentes organismos que xa existen na cidade, reforzarase a coordinación das distintas institucións e das acción levadas a cabo en cada unha delas, xenerando sinerxias entre os diferentes centros relacionados coa saúde pública, permitindo levar a cabo asesoramento técnico para aquelas intervencións que nesta materia leven a cabo as diferentes administración públicas, organismos ou institucións.

Xa que logo estamos en disposición de afirmar que Lugo é a mellor candidatura para esta infraestructura e que a nosa cidade merece esta oportunidade. Co apoio a esta iniciativa dase un novo pulo ao importante esforzo inversor en materia sanitaria que está a facer a Xunta de Galicia en Lugo.

Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interés municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. Impulsar e respaldar dende o Concello de Lugo a solicitude para que a ‘Agencia Estatal de Salud Pública’ se instale en Lugo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies