Los populares consideran que el grado de ‘guía, información y asistencias turísticas’ contribuirá a “posicionar la ciudad de Lugo como destino de un turismo de calidad” y, en ese sentido, defendió “la profesionalización de los chicos y chicas que quieran dedicarse la este sector para proporcionar una atención y empleo de calidad
Lugo é a única provincia galega que non conta, dentro da súa oferta educativa, co ciclo superior de “Guía, información e asistencia turística”.
A realidade é que Lugo, tanto a cidade como a provincia, contan con un importante potencial turístico que o fai cada vez máis atractiva. O número de hoteis e albergues que se puxeron en marcha a carón do Camiño de Santiago medraron moito nos últimos anos, pero non só no Camiño, senón noutras zonas de grande interese turístico.
Pero é certo que os turistas cada vez demandan unha atención de maior calidade e prestada por verdadeiros profesionais, por iso é preciso posicionar Lugo como destino de turismo de calidade.
Para acadar ese obxectivo faise precisa mellorar aínda máis a profesionalización dos mozos e mozas que queiran dedicarse a esta actividade de xeito que poida converterse nun nicho de emprego de calidade.
É por iso que propoñemos que se inste á Xunta de Galicia a que estude as posibilidades para implantar no vindeiro curso académico no IES Sanxillao o grao de “guía, información e asistencia turística”, e non se descarta que, en función da demanda e da evolución do turismo nos próximos tempos, sexa igualmente interesante implantar o “grao superior de xestión de aloxamentos turísticos”.
Este novo ciclo sería un bo complemento para a oferta docente que se ofrece no IES Sanxillao, onde funciona a Escola de Hostalería, da que saen profesionais ben formados e con alto índice de empleabilidade.
Por todo o anterior, esperamos contar co apoio do goberno municipal, que xa leva perdidas varias oportunidades de promoción da cidade, como por exemplo o rexeitamento que fixeron no seu momento para que Lugo fose neste 2022 Capital Gastronómica de España ou a falta de respaldo para poñeren marcha un grao culinario e hostaleiro no campus.
Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:
Que o Concello de Lugo, inste á Xunta de Galicia a implantar no vindeiro curso académico o ciclo formativo de grao superior de “guía, información e asistencia turísticas” no IES Sanxillao