Desde el Grupo Municipal del Partido Popular presentaron varias preguntas a la comisión de Cultura para conocer los planes del bigoberno para el nuevo auditorio, preguntas que evidenciaron la ausencia de proyectos y de previsión del gobierno local para poner en marcha esta infraestructura
O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo denuncia a “nula previsión” do bigoberno de Lugo no que atinxe á recepción do novo auditorio de Magoi por parte do Concello de Lugo.
Os populares presentaron varias á comisión de Cultura para coñecer en que situación se atopa a recepción desta dotación e os plans que o bigoberno ten preparado para esta gran infraestrutura, pero as respostas “foron totalmente desalentadoras”.
Para os populares, as explicacións ofrecidas pola concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, foron “pobres e incoherentes”. Durante a comisión, a responsable municipal de Cultura unicamente se limitou a escusarse en que non tiñan nada feito xa que asegurou descoñecer o equipamento do mesmo e a data de recepción da devandita infraestrutura. “É curioso que estas sexan as escusas ofrecidas polo bigoberno para tentar xustificar a súa falta de traballo e falta de previsión xa que hai un convenio asinado e se realizaron varias xuntanzas coa Xunta de Galicia, algunhas delas con representantes do BNG, polo que, polo menos, descoñecemento non poden alegar”, afirman.
Dende o Grupo Popular convidan ao bigoberno a asinar a recepción do novo auditorio no menor tempo posible, xa que o auditorio está rematado e completamente equipado, polo que non ten sentido que dende o bigoberno tenten xerar un novo edificio baleiro, para o que “non teñen nin un euro orzamentado no proxecto de presupostos para o vindeiro ano”.
Comisión de queixas e suxestións
Os populares tamén amosaron a súa preocupación ante a ausencia de solucións que se dan por parte do bigoberno a varias queixas dos lucenses que xa son repetitivas.
Neste senso, dende o Grupo Popular lamentan que Álvaro Santos, un dos concelleiros que máis queixas xera por parte dos lucenses, segue sen dar resposta á petición dun lucense para que limpen as fincas que hai na parte traseira da súa vivenda, fincas con moita maleza, que xa invade a súa casa e que xera problemas de salubridade.
Ademais, dos datos obtidos nesta comisión despréndese que o transporte urbano é a materia que máis queixas xera entre os lucenses, seguida das áreas xestionadas por Lara Méndez e Álvaro Santos.