Economía

El PP constata que Lara Méndez y Rubén Arroxo falsearon los presupuestos de 2021 ya que la liquidación muestra que solo recaudaron la mitad del previsto

By 18 abril, 2022No Comments

Antonio Ameijide explica que Lara Méndez y Rubén Arroxo estimaron para el año 2021 unos ingresos de 152.321.089,10€, de acuerdo con la liquidación aprobada en pleno, pero solo recaudaron 77.776.266,73€, una prueba del que muchas veces se denunció desde el Grupo Municipal Popular, que los presupuestos de PSOE y BNG estaban inflados y fuera de la realidad

Os datos da liquidación dos orzamentos de 2021 certifican a nefasta política económica de Lara Méndez e Rubén Arroxo á fronte do Concello de Lugo e o que en moitas ocasións se denunciou por parte do Grupo Municipal do PP, que os orzamentos que elaboraron e aprobaron PSOE e BNG “estaban falseados” e non se correspondían coa realidade.

Unha das probas que certifican estas afirmacións son as previsións de ingresos que estimaban a rexedora e o vicealcalde, que nada tiveron que ver coa realidade. Deste xeito, tanto Méndez como Arroxo esperaban ingresar nas contas municipais 152.321.089,10€, pero en realidade unicamente recadaron 77.776.266,73€, o 51% do previsto, “proba inequívoca de que as súas contas estaban infladas”.

Outro dato que reflicte a nefasta política económica de PSOE e BNG é que xa nas súas propias contas estimaban que o Concello de Lugo tería en 2021 un déficit de 2.896.419,65€, unha cifra que se quedou pequena, xa que “a realidade amosa que o déficit do Concello de Lugo en 2021 foi de 16.394.672,22€”. “Lara Méndez recoñecía que deixaba ao Concello de Lugo en números vermellos, pero vemos como o endebedamento municipal foi moito maior do que asinaba a alcaldesa”, lamentou.

Outro dato que amosa ás claras a falta de proxecto de cidade do bigoberno local é que nas súas contas proxectaban investir na cidade, no capítulo VI, 42.303.839,63€, pero a execución real unicamente foi de 15.548.238,32€, o 36,6% do previsto. “Vemos como non teñen proxecto de cidade. Non invisten no que realmente fai falla, como a renovación da rede de abastecemento e saneamento ou levar estes servizos ao rural, pero se permiten o luxo de presumir dun edificio de madeira que nin saben para que se vai a dedicar ou unhas caldas para as que non teñen nin estudos de costes”, criticou.

No referente aos ingresos previstos por Lara Méndez e Rubén Arroxo pode comprobarse como hai importantes desfases en moitos conceptos, o que certifica “que un ano máis as contas estaban infladas”. Como exemplos poden poñerse unha transferencia da Administración Xeral do Estado, por valor de 3.034.822,26€, pero a realidade é que ao peche do exercicio nada recibiron no Concello de Lugo por parte do Estado.

Hai outros exemplos curiosos como que polo uso das instalacións deportivas municipais contemplaban ingresar 353.833€ e só recadaron 11.596,70€ ou que pola apertura de establecementos agardaban recadar 300.000€ e quedaron no 31,9%, 95.866,98€.

No que atinxe ao Icio agardaban recadar 2M€ e quedaron en 1.144.539,39€, o 57%, o que demostra o bloqueo que provoca na cidade, como se denuncia dende o Partido Popular.

Un concepto que debería estar perfectamente regulado, como o recibo do lixo, que contempla o subministro de auga corrente e a recollida do lixo, atópase inflado, como a maior parte dos conceptos. Tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo tamén inflaron estes conceptos, polos que agardaban recadar en total 14.993.237,11€, sendo os ingresos reais 9.487.261,21€, o 63% do previsto.

Outro concepto curioso é o que prevían recadar por multas (infraccións urbanísticas, infraccións tributarias, de tráfico e outras multas) 2.525.000€ quedando os ingresos en 899.522,80€, o 35% do previsto.

Como se pode ver nos datos expostos, as previsións de ingresos estimadas por Méndez e Arroxo distan moito das reais, polo que pode dicirse que os datos da liquidación de 2021 deron “unha lección de realidade” á alcaldesa e ao vicealcalde.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies