Antonio Ameijide señala que los populares recuperan en el pleno de este mes a proposición que tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo se negaron a debatir en el mes de diciembre, vía urgencia, después de ver como el 28 de diciembre se confirmó que Lara Méndez sigue gobernando de espaldas a los lucenses, sin importarle su bienestar, al aplicarles una subida del 10,4% en los aparcamientos enterrados de Santo Domingo, Plazo del Ferrol y de la Constitución
O nerviosismo no que está instalada Lara Méndez lévaa a confrontar con calquera persoa, asociación ou administración que opine diferente a ela, chegando a extremos imposibles de entender como “negar a suba do 10,4% dos aparcadoiros soterrados municipais” para 2023, sendo unha suba real do 20% do prezo dos aparcadoiros dende que Lara Méndez é alcaldesa.
O pasado 28 de decembro publicouse no BOP de Lugo a suba das taxas dos aparcadoiros soterrados da Praza da Constitución, Santo Domingo e Praza do Ferrol, motivo polo que o Grupo Popular presentou unha moción de urxencia ao pleno para pedir que se anulase a subida e que sexa o Concello de Lugo o que asuma, con fondos propios, o incremento económico para garantir o equilibro da concesión.
Un extremo que si que fixeron outras administracións, como a Xunta de Galicia no caso da suba das autopistas, asumindo esa suba, ou no caso de aparcadoiros públicos, baixando os prezos.
A realidade é que Lara Méndez segue a confrontar cos comerciantes do casco histórico, xa que a esta suba de prezos, hai que engadir a eliminación de decenas de prazas de aparcamento que vai a realizar coa peonalización sen consenso do centro da cidade. “Lara Méndez segue a gobernar de costas aos lucenses e agora dille a quen queira ir no seu coche a mercar ao centro que vai a ter que pagar máis”, afirmou.