El concejal del Grupo Municipal del PP Rafael Pérez explica que desde lo bigoberno el único que hacen es emplear calquer tipo de excusa para ocultar la falta de planificación a la hora de ejecutar algo tan necesario como la renovación de todas las marcas viarias de la ciudad
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, lamenta a pouca previsión do bigoberno local á hora de afrontar o repintado da sinalización horizontal de Lugo.
Rafael Pérez explica que o bigoberno está a demorar esta necesaria renovación das marcas viarias da cidade escusándose en que chegaron máis ofertas das agardadas. “É curioso que agora o repintado se demore no tempo porque teñen que estudar máis documentación da agardada, algo que xa xera certas dúbidas”, sinalou.
O concelleiro popular recorda que os lucenses levamos máis de catro anos agardando por un plan de repintado integral da cidade xa que “é imprescindible” e é algo que dende o Grupo Municipal Popular levamos anos solicitando.
Neste senso, o popular urxe a iniciar no menor tempo posible o repintado de toda a cidade xa que a “mala visibilidade e a sinalización deficiente foi unha conta pendente dos socialistas” que semella que agora perpetúan dende o BNG. “Lamentablemente todos os barrios teñen exemplos de pasos de peóns borrados e incluso hai zonas nas que a pintura está tan gastada que nin se aprecia”, sinalou.
Ademais, Rafael Pérez aproveita a ocasión para instar ao bigoberno a que cando inicien este plan de repintado da sinalización horizontal da cidade se teña en conta a proposta reiterada en numerosas ocasións dende o Grupo Municipal Popular “e que defendemos na pasada campaña das municipais” como son as liñas avanza moto, que permiten a estes vehículos posicionarse nun punto de partida na regulación semafórica o que lles garante o inicio da marcha sen interferir co resto de automóbiles, unha medida moi interesante a contemplar nas zonas con maior densidade de tráfico, como poden ser a Avenida da Coruña, a rúa Vilalba ou Miguel de Cervantes, entre outras.